Duóguàn (en ) é un filme chinés de 2020 dirixido por Peter Chan e protagonizado por Gong Li e Huang Bo. O filme baséase na historia da selección feminina de voleibol da China durante máis de 40 anos. Estreouse nos cinemas da China e dos Estados Unidos o 25 de setembro de 2020. A estrea tivo que ser adiada, xa que estaba prevista para o 25 de xaneiro de 2020, cadrando co primeiro ano do Ano Novo Chinés, por mor da pandemia de COVID-19. Duóguàn foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Gong Li como Lang Ping a adestradora Bai Lang (filla de Lang Ping) como Lang Ping de nova Huang Bo como Chen Zhonghe Peng Yuchang como Young Chen Zhonghe Wu Gang como Yuan Weimin Zhu Ting como ela mesma Xu Yunli como ela mesma Hui Ruoqi como ela mesma Yuan Xinyue como ela mesma Yan Ni como ela mesma Gong Xiangyu como ela mesma Ding Xia como ela mesma Lin Li como ela mesma Zhang Changning como ela mesma Liu Xiaotong como ela mesma
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes ambientados en Pequín Categoría:Filmes rodados en Pequín Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes ambientados en Río de Xaneiro