miniatura| Nervios na bóveda, no interior do refectorio do mosteiro de Santa María da Valldigna Nervio ou nervadura é un elemento construtivo da arquitectura formado por un segmento de arco -con forma de moldura - que sae do intradorso dunha bóveda. Ás veces, denomínase nervadura ao conxunto de nervios nunha bóveda gótica.Montoto (1955), p. 145

Comezouse a empregar a partir do século XII cando se desenvolve a bóveda nervada ou de crucería.

Ao usar estes nervios, as cargas ou pesos concéntranse en lugares específicos de asentamento, permitindo apoiarse sobre columnas en lugar de caer sobre o propio muro. Isto redunda na posibilidade de abrir grandes ocos nas paredes permitindo unha maior luminosidade e lixeireza nos edificios.

Tipos

Nervio de aresta, é o que marca o punto de intersección de dúas bóvedas.Hoz & Maldonado & Vela 2003, p. 152 Nervio diagonal ou de crucería, o que cruza diagonalmente toda a bóveda e eten fucnión sustentante. Nervio de faixa, é continúa o perfil dunha bóveda, perpendicular ao eixe desta. Nervio secundario, é o que conecta os outros nervios principais da bóveda.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Elementos arquitectónicos