miniatura|250px|O satélite San Marco 1. San Marco foi unha serie de satélites artificiais colaboración entre Italia e a NASA, concibidos e dirixidos polo enxeñeiro Luigi Broglio.
Características Os satélites San Marco foron satélites científicos colaboración entre Italia e a NASA. Lanzáronse varios entre 1963 e 1988.
San Marco 1 e 2 Os satélites San Marco 1 e 2 foron os dous primeiros membros da serie San Marco. San Marco 1 foi lanzado o 15 de febreiro de 1964 a bordo dun foguete Scout X4 desde as instalación de Wallops Island. A súa misión era probar a propia estrutura do satélite e recoller datos da densidade do aire e das características da ionosfera. San Marco 2 foi lanzado o 26 de abril de 1967 mediante un Scout B desde a plataforma de lanzamento San Marco. Tiña forma de esfera cun diámetro de 66 cm e tamén se adicou a estudar a densidade do aire por debaixo dos 350 km de altura e a caracterizar a ionosfera. Do corpo do satélite saía unha antena dipolo de 5 m de longo que pasaba polo centro do mesmo e catro antenas máis pequenas, de 48 cm de longo, espazadas ao longo do seu ecuador. O satélite tiña pintadas bandas lonxitudinais brancas e negras para control térmico. A alimentación do satélite proviña de catro baterías que lle permitiron funcionar ata o 14 de agosto de 1967. O satélite reentrou na atmosfera o 19 de outubro dese ano.
San Marco 3 e 4 San Marco 3 e 4 eran satélites máis avanzados que os seus antecesores. San Marco 3 foi lanzado o 24 de abril de 1971 mediante un Scout B mentres que San Marcos 4 foi lanzado o 18 de febreiro de 1974 cun Scout D1. Ambos foron lanzados desde a plataforma San Marco. San Marco 3 estudou a densidade, composición e temperatura da atmosfera na zona ecuatorial por enriba dos 200 km de altura. O satélite tiña 75 cm de diámetro e usaba catro antenas de 48 cm de longo para comunicarse con terra. Alimentábase con células solares situados ao longo do seu ecuador e reentrou na atmosfera o 28 de novembro de 1971. San Marco 4 adicouse a medir as variacións diúrnas de densidade, composición e temperatura da atmosfera na zona ecuatorial conxuntamente con Explorer 51.
San Marco 5 San Marco 5 foi lanzado o 25 de marzo de 1988 mediante un Scout G1 desde a plataforma San Marco. A súa misión foi estudar a relación entre a actividade solar e os fenómenos da ionosfera e da termosfera. Tiña forma de esfera de 96,5 cm de diámetro e unha masa de 273 kg. Levaba cincon instrumentos a bordo: un sensor de arrastre para determinar a densidade, un espectrómetro de vento e temperatura, un instrumento de velocidade de ións, un espectrómetro de brillo aéreo e solar e un medidor de campo eléctrico. Reentrou na atmosfera o 6 de decembro de 1988, tal como estaba previsto.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSan Marco 115 de decembro de 1964Scout X4ÉxitoSan Marco 226 de abril de 1967Scout BÉxitoSan Marco 324 de abril de 1971Scout BÉxitoSan Marco 418 de febreiro de 1974Scout D1ÉxitoSan Marco 525 de marzo de 1988Scout G1Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Luigi Broglio Scout X4 Scout B Scout D1 Scout G1
Categoría:Satélites artificiais