Eve Ensler, nada en Scarsdale, Nova York o 25 de maio de 1953, é unha dramaturga, feminista e activista social estadounidense coñecida internacionalmente pola súa obra teatral Vagina Monologues (en ).

Ensler dixo que a obra se inspirou en todas as mulleres que foron vítimas de abuso sexual e violación en todo o mundo, polo que tamén fundou en 1998 o proxecto V-day que busca combater a violencia doméstica e o feminicidio.

Outra das súas obras máis coñecidas é I am an Emotional Creature, composta por monólogos e diálogos que contan situacións de diferentes mulleres novas de todo o mundo. A trama desta aborda temas como: a anorexia, o embarazo adolescente, o traballo infantil, a discriminación, os estereotipos sociais e as relixións, entre outras formas en que as culturas oprimen e maltratan as mulleres. A través desta obra a autora busca comunicarlle ao seu público que o espírito e a enerxía que unha moza posúe son factores creadores dun incríbel poder.

Traxectoria

Nada nunha familia de pai xudeu e nai cherokee. Graduouse na prestixiosa universidade privada Middlebury College en 1975.

As actividades pacifistas nas que participou por todo o mundo fixérona merecedora de varios premios importantes, incluído un por liderado que lle outorgou no 2002 a organización humanitaria Amnistía Internacional.

En febreiro do 2004, Ensler participou coas actrices estadounidenses Sally Field, Jane Fonda e Christine Lahti nunha manifestación para pedirlle ao goberno de México que reabrise a investigación dos feminicidios en Ciudad Juárez, na fronteira con Texas, Estados Unidos.

Obras máis coñecidas Teatro Conviction Lemonade The Depot Floating Rhoda does not matter the time Extraordinary Measures The Vagina Monologues The Good Body Necessary Targets I am an Emotional Creature

Libros V-World I Am An Emotional Creature Vagina Warriors Insecure at Last: Losing It in Our Security Obsessed World The Good Body

Filmografía Fear No More: Stop Violence Against Women (2002) - entrevista The Vagina Monologues (2002) Until the Violence Stops (2003) What I Want My Words to Do to You: Voices From Inside a Women's Maximum Security Prison (2003)

Premios e recoñecementos Entre outros moitos, Eve Ensler recibiu os seguintes:

Premio Obie por Mellor Nova Obra para The Vagina Monologues (1996) Bolsa Guggenheim en dramaturxia (1999) (debido á calidade do seu traballo, a Fundación Guggenheim outorgoulle esta bolsa, a pesar de que non está dirixida ás artes escénicas). Premio Berrilla-Kerr para Dramaturxia (2000) Premio Elliot Norton para Presentacións Individuais Sobresalientes (2001) Premio do Xurado para Teatro no Festival de Artes e Comedia (U.S. Comedy Arts Festival) (2002) Premio por Liderado outorgado por Amnistía Internacional (2002) Premio Matrix (2002) Premio León de Judá das Comunidades Xudías Unidas (2002) Premio "Liberdade de Expresión" do Festival de Cine de Sundance para What I Want my Words to do to you (2003) Doutoramento honoris causa en Letras por parte da súa alma máter, o Middlebury College (2003) Premio de Teatro NETC para obra rexional de Boston (2004) Premio NOW da Gala de Premios Intrepid (2004) Premio Revolucionario Civil outorgado polo Colexio Dade de Miami (2004) Premio Internacional por Esforzos de Paz outorgado pola Escola de Dereito Cardozo (2004) Premio Avon (2005) Premio Sandra Day O’Connor outorgado pola Fundación Arizona para Mulleres (Phoenix, 2005) Doutoramento honoris causa en Letras e Humanidades outorgado polo Colexio Manhattanville (2005) Doutoramento honoris causa en Comunicacións outorgado polo Colexio Simmons (2006) Proclama feita pola Cidade de Nova York en honor do seu traballo polo Día V (2006) Premio Humanitario OK2BU en recoñecemento ás extraordinarias contribucións a comunidade LGBT (2006) Premios polos seus esforzos para contrarrestar a violencia cara ás mulleres: outorgados por organizacións tales como Planned Parenthood (2004, 2006), The Women’s Prison Association (2004), Sahkti (2004) e varios centros LGBT (2004, 2006).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Artigo de Fabio Contu

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de Lovaina Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América