El Águila de Veracruz, antes coñecidos como Rojos del Águila de Veracruz, é un equipo profesional de béisbol mexicano que compite na Liga Mexicana de Béisbol (LMB). O club, fundado o 16 de setembro de 1903, ten a súa sede en Veracruz. El Águila posúen no seu palmarés seis títulos de liga, sendo o cuarto equipo con máis trofeos após os Diablos Rojos del México, os Tigres de Quintana Roo e os Sultanes de Monterrey. O seu estadio como local é o Parque Deportivo Universitario Beto Ávila, recinto inaugurado en 1992 con capacidade para 7.782 espectadores.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos da Liga Mexicana de Béisbol Categoría:Equipos de béisbol de México