Noelene Nabulivou, é unha activista e portavoz de Fiji sobre o cambio climático, o desenvolvemento sustentábel, e a igualdade de xénero. É cofundadora e asesora política de Diverse Voices and Action for Equality (DIVA, en galego Voces Diversas e Acción pola Igualdade), unha organización que se centra na xustiza climática, a violencia contra as mulleres, os dereitos humanos e os dereitos LGBTQ.

Traxectoria

Nabulivou medrou entre Perth, Australia e Fiji. En Perth participou en pequenos colectivos anarquistas, grupos de inmigrantes e indíxenas, e proxectos de arte pública. Estudou relacións internacionais e estudos para a paz a nivel universitario, e tamén é diplomada en artes comunitarias.

Nabulivou é unha portavoz activa de Fiji e o Pacífico nos procesos e grupos de traballo das Nacións Unidas como os Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento, Rio+20 (a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sustentábel) e a Axenda do 2030 (os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel das Nacións Unidas).

Noelene tamén deu formación a moitos activistas e feministas de Fiji e o Pacífico para compartir os seus coñecementos con eles.

Notas

Categoría:Nados en Fiji Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Ecoloxistas de Fiji