Entisar Elsaeed (ou Entessar El-Saeed) é unha activista exipcia polos dereitos das mulleres e é a fundadora e directora do Cairo Foundation for Development and Law (en galego, Fundación do Cairo para o Desenvolvemento e o Dereito). A súa fundación e misión céntranse principalmente en frear a mutilación xenital femenina, axudar ás vítimas de abuso doméstico, e brindar educación sexual.

Traxectoria Coa chegada da pandemia da COVID-19, Elsaeed e a súa fundación centráronse no aumento do abuso doméstico infrinxido a moitas mulleres. Cos peches que obrigan ós homes a estar fóra do traballo e a pasar máis horas ó día nas casas, estaba previsto que aumentaría o índice de abuso doméstico. Ademais, a educación sexual sufriu durante a pandemia, o que provocou unha crecente incapacidade para acceder a información sexual segura. Finalmente, observouse que a responsabilidade de manter os membros familiares seguros e socialmente distanciados recae con máis frecuencia na nai do fogar. Como resultado, a fundación de Elsaeed aumentou a súa produción de material educativo sobre estes tres temas, o que lles permitiu continuar axudando ás mulleres sen deixar de seguir os protocolos seguros contra a COVID.

Elsaeed pronunciouse en contra da mutilación xenital femenina en Exipto, que ten o maior número de mulleres que se someteron a mutilación xenital de calquera país. Aprobou as medidas dadas polo goberno exipcio para impor sentenzas máis severas para os condenado de perpetrar mutilación xenital femenina, pero pronunciouse sobre o afianzamento cultural da mutilación xenital feminina na sociedade exipcia. Elsaeed citou preocupacións que as leis non se farían cumprir e as condenas serían poucas e espazadas.

Ademais, Elsaeed apoiou a liberdade de expresión das mulleres que foron encarceradas por "incitar á libertinaxe" por publicar vídeos en TikTok, unha aplicación popular de redes sociais para compartir vídeos. Elsaeed criticou a incapacidade de moitos en Exipto para adaptarse ós novos cambios culturais que se desenvolveron por mor das redes sociais.

Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Activistas de Exipto