Fatou "Toufah" Jallow (Fatou A. Jallow), nada en Soma o 19 de abril de 1996 é unha raíña de beleza de Gambia. Fíxose coñecida polas súas acusacións en 2014 contra o Presidente de Gambia, Yahya Jammeh.
Traxectoria Jallow pertence á etnia Fula. Os seus pais son Alfa Jallow e Awa Saho. Asistiu á Escola Secundaria Superior de Nusrat ata o 12.º grao.
En 2014, gañou o título de Miss o 22 de xullo no certame de beleza nacional organizado polo ditador de Gambia Yahya Jammeh. Nese momento tiña 18 anos.
En setembro de 2014 comezou un curso de formación de profesores en The Gambia College en Brikama.
Segundo unha nova en Kibaroo News en xuño de 2015, desapareceu durante varias semanas despois de ser invitada á Casa do Estado en Banjul. No período após a competición, Jammeh foi acusado de acosala sexualmente repetidamente e de ofrecerlle agasallos. Segundo o informe, foi levada a Jammeh varias veces contra a súa vontade. El anunciara publicamente varias veces que quería casar con Jallow, unha proposta que ela rexeitou.
Como explicou Jallow en 2019, en xullo de 2015 fuxiu pola fronteira a Dakar (Senegal). O 6 de agosto de 2015, recibiu asilo no Canadá e desde entón viviu en Toronto. Alí completou unha terapia e estudou traballo social. No de 2019 traballou como representante de servizo ao cliente para unha empresa de telecomunicacións e participou nun refuxio de mulleres.
Acusacións de violación A finais de xuño de 2019, denunciou diante das organizacións de dereitos humanos Human Rights Watch e TRIAL que Jammeh a violara. O nome de Jallow foi mencionado a petición súa para animar a outras mulleres a informar sobre tales experiencias.
Despois de gañar o concurso de beleza, o 6 de decembro de 2014, dixo que a invitaron a visitar a Jammeh varias veces nos meses seguintes. Segundo a súa declaración, recibiu 50,000 Dalasi, e máis tarde outros 200,000 Dalasi del.
Reaccións O propio Jammeh non comentou as acusacións. Ousman Rambo Jatta, funcionario do partido da Alianza para a Reorientación Patriótica e a Construción, fundado por Jammeh, cualificou as acusacións de mentira, afirmando que Jammeh "é un líder moi respectábel, temeroso de Deus e piadoso, que non ten nada máis que respecto polas nosas mulleres gambianas." Un condutor nese momento tamén negou as acusacións de violación de Jallow.
O Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral de Gambia, Abubacarr Tambadou, e Salieu Taal, Presidente do Colexio de Avogados de Gambia (GBA), eloxiaron a Jallow pola súa valentía ó romper o seu silencio e alentaron a outras vítimas de violación a falar, coa esperanza de que proporcionarían a base para que se presenten máis cargos contra Jammeh. A organización de dereitos das mulleres Asociación de Avogadas de Gambia (FLAG) uniuse a eles nesta opinión. Nos días seguintes informouse de novas acusacións contra políticos de alto rango.
En setembro de 2019, o líder interino do APRC, Fabakary Jatta, cualificou as acusacións de mentira, dicindo que Jallow "incluso debería estar agradecida ó expresidente Jammeh polo apoio monetario", e denunciou as acusacións como intentos de empañar a imaxe de Jammeh. Jallow rexeitou esta declaración por considerala unha busca de atención infundada, e sinalou que ela non acusara á APRC como partido, senón a Jammeh persoalmente, e que a APRC non debería de falar no seu nome.
O 31 de outubro de 2019, Jallow testificou ante a Comisión da Verdade, a Reconciliación e Reparación para chegar a un acordo co reinado de Jammeh, e repetiu e aclarou as súas acusacións.
Notas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Gambia Categoría:Personalidades sen imaxes