Najla Mangoush ou Najla El Mangoush, nada en Trípoli ou Bengasi, é unha avogada e política libia, especializada en mediación en conflitos e transicións e procesos de paz. Desde o 16 de marzo de 2021 é Ministra de Asuntos Exteriores de Libia no Goberno de Unidade Nacional de Abdul Hamid Dbeibé sendo a primeira muller na historia de Libia en asumir o posto e a cuarta no mundo árabe.
Traxectoria Algunhas fontes consideran que a súa cidade natal é Trípoli aínda que se criou en Bengazi e outras sinalan que naceu e criouse en Bengazi. Avogada de formación graduouse na Facultade de Dereito da Universidade de Bengazi en 1995 onde anos máis tarde realizou unha mestría en Dereito Penal (2007-2009) e onde tamén foi profesora.
Durante a revolución de 2011 foi membro do Consello Nacional de Transición de Libia, responsable de coordinar as cidades libias que se opuñan ao réxime de Muamar al Gadafi. Actuou como xefa da Unidade de Participación Pública, unha organización da sociedade civil que contribuíu a articular as voces independentes e formar aos responsables políticos desde un enfoque colaborativo non violento cara á paz.
Logrou unha bolsa Fulbright e graduouse no Centro para a Xustiza e a Construción da Paz da Universidade Eastern Mennonite, en Harrisonburg (2013-2015). e realizou unha mestría en transformación de conflitos na Universidade Eastern Ilinois, antes de continuar o seu doutoramento na Escola de Análise e Resolución de Conflitos, con especialización en transicións de guerra a paz e procesos de paz na Universidade George Mason en Virginia.
Como experta en resolución de conflitos foi representante en Libia do Instituto para o United States Institute of Peace e tamén traballou como Oficial de Programas para a Construción da Paz e o Dereito Tradicional no Center for World Religions, Diplomacy and Conflict Resolution (CRDC) na Universidade George Mason.
Desenvolveu a súa carreira como investigadora independente en cuestións acerca da transición á paz en tempos de guerra, mediación en conflitos, negociación política, dereito internacional e Xustiza transicional.
É membro de diferentes organizacións da sociedade civil, entre elas Mulleres Libias para a Paz (LWPP).
Ministra de Asuntos Exteriores de Libia O 16 de marzo de 2021 asumiu o posto de Ministra de Asuntos Exteriores no Goberno de Unión Nacional de transición de Abdul Hamid Dbeibé sendo a primeira muller en asumir este posto en Libia e a cuarta ministra de exteriores na historia do mundo árabe. O seu predecesor oficial foi Mohamed Taher Siala no cargo desde 2016 no goberno de Fayez Al-Sarrah recoñecido por Nacións Unidas. Tamén actuaba como Ministro de Asuntos Exteriores no goberno en rebelión de Tobruk liderado por Abdulah al Zani no Leste de Libia Mohammed Al-Dairi
O 6 de novembro de 2021, o Consello da Presidencia suspendeu a Mangouch por levar a cabo unha política exterior sen coordinación co Consello. Tamén se lle prohibiu viaxar.
O 27 de agosto de 2023, tras a transmisión da reunión entre Najla Mangoush e o ministro israelí Eli Cohen, foi suspendida e abriuse unha investigación contra ela.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ministerio de Asuntos Exteriores de Libia
Categoría:Nados en Libia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Políticos de Libia