Pokémon Channel, estreado no Xapón como é un videoxogo de 2003 da serie de Pokémon desenvolvido por Ambrella para a consola GameCube. Foi publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo. O obxectivo do xogador é axudar ó Profesor Oak a mellorar e promover a súa nova canle de televisión que presenta cun Pikachu. O xogo contén elementos dos xéneros de aventura, mascota dixital e simulación. O xogador pode explorar escenarios 3D, que Pikachu converse con outros Pokémon e recoller varios obxectos.
O xogo foi desenvolvido axiña como unha secuela do título de Nintendo 64 Hey You, Pikachu!, e para promover o accesorio Nintendo e-Reader. Emprega efectos de texturas 3D. Foi presentado en Electronic Entertainment Expo (E3) de 2003 e en diferentes eventos nos meses seguintes en Sapporo, Hokkaido, no Xapón. Lanzouse o 18 de xullo de 2003 no Xapón, o 1 de decembro en América do Norte e o 2 de abril de 2004 en Europa. No Xapón, o xogo vendeu 66 373 copias no seu primeiro ano. Recibiu valoracións dispares, criticando o seu baixo nivel de interactividade e os repetitivos efectos de son, aínda que os aspectos de colección e visuais foron mellor recibidos.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2003 Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de simulación Categoría:Videoxogos de Nintendo GameCube Categoría:Videoxogos de aventuras