Alice Larkin, tamén coñecida como Alice Bows, nada en 1978, é unha astrofísica especializada en modelos climáticos. En 2021 era directora da Escola de Enxeñería e profesora de Ciencia do Clima e Política Enerxética na Universidade de Manchester, e tamén investigadora no Centro Tyndall para o cambio climático.Ocupaba tamén o posto de investigadora principal do proxecto do consorcio do Consello de Investigación en Enxeñería e Ciencias Físicas (EPSRC) Stepping Up Nexus.
Traxectoria Larkin estudou astrofísica na Universidade de Leeds. Uniuse ao Imperial College de Londres para realizar os seus estudos de posgrao, traballando en modelos climáticos, e completou o seu doutoramento no 2000 sobre os efectos da variabilidade solar no clima utilizando modelos atmosféricos da troposfera e a estratosfera.
Ao finalizar o seu doutoramento traballou en comunicación científica durante tres anos para finalmente en 2003 regresar á academia e unirse ao centro interdisciplinario Tyndall para investigar os conflitos entre o cambio climático e a aviación. Doutra banda, dedícase a realizar orzamentos de carbono e emisións acumuladas, e lidera o proxecto do consorcio Stepping Up Nexus do Consello de Investigación en Enxeñería e Ciencias Físicas (EPSRC).
Converteuse en parte do equipo do Centro Tyndall de Manchester, desenvolvendo a ferramenta de análise de escenarios enerxéticos ASK en 2005, que lles permitiu construír escenarios enerxéticos baixos en carbono. En 2008 foi nomeada para dirixir proxectos sobre escenarios de transporte internacional e subministración de alimentos nun contexto de cambio climático, e foi directora de Tyndall Manchester entre 2013 e 2016.
Uns dos seus intereses son as formas en que a investigación pode informar as decisións políticas, sendo esta unha peza moi influente á hora de abordar medidas ambientais. Un dos seus actos máis destacados é a súa participación na creación da Climate Change Act no Reino Unido en 2008. En 2013 pediu estratexias máis radicais para abordar o cambio climático mundial. Por isto, o EPSRC creou un proxecto chamado Shipping in changing climates, dirixido por Larkin, e que estuda e predí o cambio do clima do planeta. Desenvolve modelos para predicir o cambio climático en todo o mundo. Estes modelos informan como a industria do transporte marítimo pode prepararse para o futuro. Propuxo que a industria navieira utilice biocombustible e vapor lento. A pesar da recesión económica mundial, espérase que a industria do transporte marítimo aumente continuamente as emisións de dióxido de carbono. O obxectivo deste proxecto é obter solucións par futuros problemas de obtención de auga, comida e enerxía.
En 2015 converteuse en profesora na Universidade de Manchester e formou parte do University Living Lab. Larkin pronunciou unha charla TED en 2015 titulada Climate change is happening. Here's how we adapt (en galego: ̈O cambio climático está a suceder, así é como nos adaptamos). A charla abordou a realidade do cambio climático e o destino nun mundo onde as nacións ricas deben enfrontarse a grandes retos para evitar a suba de temperaturas. City Atlas describiu esta charla como "o mellor discurso sobre dereitos humanos do ano". Tamén falou en TEDxYouth Manchester en 2015 e New Scientist ao vivo.
Tamén foi investigadora colaboradora no proxecto Rapid Acceleration of Car Emission Reductions (UKERC RACER). O proxecto busca solucións integradas aos desafíos futuros en materia de alimentos, auga e enerxía. Estudou as emisións asociadas coa futura demanda mundial de trigo. Isto combina a dixestión anaeróbica, o uso de proteínas de insectos para a alimentación animal, a recuperación do valor dos refugallos e as formas de utilizar os excedentes de alimentos das correntes de refugallos. A súa investigación foi financiada por EPSRC e o Consello de Investigación Económica e Social (ESRC).
Larkin está interesada nos sistemas de enerxía e o transporte internacional. Participou como testemuña experta no xuízo dos 13 de Heathrow, manifestantes do grupo de campaña Plane Stupid, que se encadearon á pista norte do aeroporto de Heathrow para protestar contra o impacto do cambio climático.
En 2017 foi nomeada directora da Escola (agora Departamento) de Enxeñería Mecánica, Aeroespacial e Civil (MACE) da Universidade de Manchester, e en 2019 converteuse en directora da Escola de Enxeñería. Falou cumpridamente sobre o cambio climático nos principais medios de comunicación. Apareceu no podcast Introductions Necessary. Investiga o impacto ambiental segundo o Acordo de París para as nacións con grandes emisións.
Premios e recoñecementos En 2016 Larkin foi galardoada co premio University of Manchester Researcher of the Year (Investigadora do ano da Universidade de Manchester).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Universidade de Manchester coa información sobre Alice Larkin como profesora Charla TED sobre o cambio climático Artigo dunha institución especializada no cambio climático con Alice Larkin
Categoría:Alumnos da Universidade de Leeds Categoría:Nados en 1974 Categoría:Profesores da Universidade de Manchester Categoría:Alumnos do Imperial College London Categoría:Cambio climático Categoría:Astrofísicos