O cambio climático e o xénero son un xeito de interpretar os impactos dispares do cambio climático sobre homes e mulleres, baseado na construción social dos roles e relacións de xénero.

O cambio climático aumenta a desigualdade de xénero, reduce a capacidade das mulleres para ser independentes financeiramente, e ten un impacto negativo global sobre os dereitos sociais e políticos das mulleres, especialmente en economías fortemente baseadas na agricultura. En moitos casos, a desigualdade de xénero significa que as mulleres son máis vulnerables aos efectos negativos do cambio climático. Isto débese aos roles de xénero, especialmente no mundo en desenvolvemento, o que significa que as mulleres adoitan depender do medio natural para o seu medio de vida e ingresos. Ao limitar aínda máis o acceso xa restrinxido das mulleres a recursos físicos, sociais, políticos e fiscais, o cambio climático adoita poñer máis tensión nas mulleres que nos homes e pode aumentar a desigualdade de xénero existente.Aboud, Georgina. "Gender and Climate Change." (2011).Dankelman, Irene. "Climate change is not gender-neutral: realities on the ground." Public Hearing on "Women and Climate Change". (2011)

Tamén se identificaron diferenzas de xénero en relación coa sensibilización, a causa e a resposta ao cambio climático e moitos países desenvolveron e aplicaron estratexias e plans de acción para o cambio climático de xénero. Por exemplo, o goberno de Mozambique adoptou unha estratexia e un plan de acción para o xénero, o medio ambiente e o cambio climático a principios de 2010, sendo o primeiro goberno do mundo en facelo.Republic of Mozambique, Mozambique Climate Change Gender Action Plan (ccGAP) Report , consultado o 25 de decembro de 2019.

A incorporación da perspectiva de xénero na análise dos efectos do cambio climático implica analizar as relacións de poder desiguais en outro conxunto de categorías de análise, como a raza, a clase e a etnia. Isto quere dicir que a análise non está centrada exclusivamente no binario home-muller.

As mulleres non son só vítimas do cambio climático. Son importantes axentes de cambio e unha parte central das estratexias de mitigación e adaptación ó cambio climático. As mulleres poden desempeñar un papel transformador nas respostas ó cambio climático. Ademais, as mulleres a miúdo teñen un rol de custodia e creación en prácticas de coñecemento tradicional, achegando para a conservación da biodiversidade e a riqueza xenética dos alimentos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía MacGregor, Sherilyn. "A Stranger Silence Still: The Need for Feminist Social Research on Climate Change." The Sociological Review 57 (2010): 124–140. Web. 25 Oct. 2014. Nussbaum, Martha C. Creating Capabilities: The Human Development Approach. Cambridge, MA: Harvard University Press, 2011. Olsson, Lennart et al. "Livelihoods and Poverty." Climate Change 2014: Impacts, Adaptation, and Vulnerability. Part A: Global and Sectoral Aspects. Contribution of Working Group II to the Fifth Assessment Report of the Intergovernmental Panel on Climate Change. Ed. C. B. Field et al. Cambridge e Nova York: Cambridge University Press, 2014. 793–832. Schneider, Stephen H., Armin Rosencranz, Michael D. Mastrandrea, e Kristin Kuntz-Duriseti. Climate Change Science and Policy. Washington, DC: Island Press, 2010. Tuana, Nancy. "Gendering Climate Knowledge for Justice: Catalyzing a New Research Agenda." Research, Action and Policy: Addressing the Gendered Impacts of Climate Change. Ed. Margaret Alston e Kerri Whittenbury. Dordrecht: Springer Netherlands, 2013. 17–31. Outros artigos Cambio climático e infancia

Categoría:Cambio climático Categoría:Xénero