Caldeliñas é unha aldea da parroquia de Vilamaior do Val no concello de Verín (comarca de Verín), na provincia de Ourense. No ano 2020 tiña 118 habitantes, deles 57 eran homes e 61 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2019. Patrimonio

O seu nome provén do latín “[Aquae] caldae”, debido á alta temperatura coa que brotan as súas augas mornas. Na súa contorna atópanse as ruínas do balneario de Caldeliñas pioneiro do termalismo e do emprego mineromedicinal das súas augas na vila Na aldea están a fonte de Madoiras e un cruceiro (séculos XVI-XVIII), de base cadrada e escalonada de dous chanzos, debaixo dunha peaña cúbica e un fuste cilíndrico rematado nun capitel clásico e unha cruz grega de sección octogonal..

Lugares e parroquias Lugares de Vilamaior do Val

Parroquias de Verín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Verín

Categoría:Lugares de Verín