Catherine D'Ignazio (coñecida como kanarinka), nada en Chapel Hill, Carolina do Norte, é unha profesora, artista e desenvolvedora de software estadounidense que traballa no feminismo e na alfabetización en datos. É a directora do Data + Feminism Lab do MIT, D'Ignazio é coñecida polos seus hackathons, como "Make the Breast Pump Not Suck" (Fai que o sacaleites non apeste) e polo seu libro, Data Feminism (Feminismo de datos), do que é coautora con Lauren F. Klein.
Traxectoria D'Ignazio creceu en Carolina do Norte, Virxinia, Alabama e Míchigan. Licenciouse en Relacións Internacionais na Universidade de Tufts. Posteriormente, obtivo un mestrado en Estudos de Arte, Deseño e Teoría no Maine College of Art e outro en Artes e Ciencias da Comunicación no MIT en 2014.
Carreira D'Ignazio traballa como profesora adxunta no MIT e publicou varios traballos no seu campo de estudo, así como o libro, Data Feminism. Organizou varios hackathons sobre a saúde das mulleres, entre eles " Make the Breast Pump Not Suck" (Fai que o sacaleites non apeste), que tamén se presentou na exposición do Museo de Arte de Filadelfia, Designs for Different Futures. Tamén traballou en sistemas de recomendación de noticias e en diferentes tipos de visualización de datos.
D' Ignazio empezou a traballar no desenvolvemento de software e ensinou durante sete anos no programa de posgrao Digital + Media da Rhode Island School of Design. Despois pasou a traballar no Departamento de Xornalismo do Emerson College, como profesora adxunta de Visualización de Datos e Medios Cívicos. Tras anos de experiencia como profesora, pasou a ser profesora adxunta de Ciencias Urbanas e Planificación no Departamento de Estudos Urbanos e Planificación do MIT. D'Ignazio mantén esta función, e tamén actúa como directora do Data + Feminism Lab do MIT, que emprega datos e métodos computacionais para traballar pola igualdade de xénero.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Video conferencia Feminismo de datos
Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nados en Carolina do Norte