O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (usualmente Comisións Obreiras ou CCOO) é un sindicato galego federado á Confederación Sindical de CCOO. O seu congreso fundacional tivo lugar en Vigo en 1978, dous anos despois da creación da Confederación estatal, e o seu primeiro secretario xeral foi Manuel Amor Deus. Na actualidade, a súa secretaria xeral é Meli Pérez.
Historia Artigo principal: Historia da Confederación Sindical de CCOO.
A I Asemblea Nacional de CCOO de Galicia tivo lugar nun local parroquial de Bastiagueiro (Oleiros, A Coruña) en 1968. O obxectivo era dotar de estrutura o movemento sindical agrupado ao redor das Comisións Obreiras, que eran unha organización que desenvolvía o seu traballo na clandestinidade.
Nesa asemblea foron elixidos os primeiros órganos de dirección: unha coordinadora e un secretariado, do que formaron parte Rafael Pillado e Manuel Amor Deus (dos estaleiros Bazán, en Ferrol); Salvador Pérez (estaleiro Vulcano, en Vigo); Manuel Fernández Andrade (do estaleiro Barreras, en Vigo) e Jaime Mondelo.
As resolucións da Asemblea de Barcelona (11 de xullo de 1976), na cal se constituíu CCOO no ámbito estatal, deron paso ao congreso constituínte do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que tivo lugar en xuño de 1977. O metalúrxico Manuel Amor Deus foi elixido primeiro secretario xeral.Historia do S.N. de CCOO de Galicia Consultado o 6 de febreiro de 2010.
Secretarios xerais
1978-1988: Manuel Amor Deus 1988-2000: Suso Díaz 2000-2009: Xan María Castro 2009-2017: Xosé Manuel Sánchez Aguión 2017-2021: Ramón Sarmiento. 2021- : Meli Pérez
Idioma oficial do Sindicato Nacional de CCOO No congreso constituínte, decidiuse que o idioma oficial da organización é o galego. Desde aquela, nos nove congresos do sindicato sempre hai un artigo que invariabelmente di o seguinte:
10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
O 10 de marzo de 1972, dous membros da dirección de CCOO en Ferrol que traballaban nos estaleiros de Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, foron asasinados pola policía franquista. O congreso constituínte do Sindicato Nacional de CCOO aprobou instaurar esa data como Día da Clase Obreira Galega. Desde 2006 a efeméride ten rango oficial.
Fundacións Do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia dependen as seguintes fundacións:Apartado dedicado ás fundacións na web do S.N. de CCOO de Galicia . Consultado o 6 de febreiro de 2010. Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM). Fundación Paz e Solidariedade Serafín Aliaga (PeS). Fundación 10 de Marzo (F10M).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Comisións Obreiras Día da Clase Obreira Galega Fundación 10 de Marzo
Ligazóns externas Páxina web oficial de CCOO Páxina web oficial do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia Estatutos do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Web da Fundación 10 de Marzo.
Categoría:Sindicatos de Galicia