As súas especies son avespas eusociais. A excepción son as avespas parasitas, que non teñen castas e que depositan os seus ovos nos niños doutras especies.

O abázcaro, Vespa crabro, pertence a esta subfamilia.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1771 por Linneo,Vespinae Linnaeus, 1771 en BioLib. Consultada o 30 de xuño de 2021. e confirmada na nomenclatura zoolóxica actual en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Crustacés et des Insectes, Tome Troisième.Vespinae Latreille 1802 .

Etimoloxía O nome científico Vespinae está formado pola unión dos elementos Vesp- e -inae. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Vespa, e o segundo é o sufixo empregado na formación dos nones das subfamilias de animais.Vespinae en etymologeek.com.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a subfamilia coñeceuse tamén polo sinónimo: Polistinae

Clasificación A subfamilia comprende catro tribos, cos xéneros que se indican: Tribo Epiponini Lucas, 1867Epiponini Lucas, 1867 en BioLib.

Agelaia Lepeletier, 1836 Angiopolybia Araujo, 1946 Apoica Lepeletier, 1836 Asteloeca Raw, 1985 Brachygastra Perty, 1833 Chartergellus Bequaert, 1938 Charterginus Fox, 1898 Chartergus Lepeletier, 1836 Clypearia de Saussure, 1854 Epipona Latreille, 1802 Leipomeles Möbius, 1856 Metapolybia Ducke, 1905 Nectarinella Bequaert, 1938 Parachartergus von Ihering, 1904 Polybia Lepeletier, 1836 Protonectarina Protopolybia Ducke, 1905 Pseudochartergus Ducke, 1905 Pseudopolybia Saussure, 1863 Synoeca de Saussure, 1852

Tribo Polistini Lepeletier, 1836Polistini Lepeletier, 1836 en BioLib

Mischocyttarus de Saussure, 1853 Polistes Latreille, 1802 Palaeopolistes † Perrard, 2014

Tribo Ropalidiini Ropalidiini en BioLib.

Belonogaster Saussure, 1854 Icaria de Saussure, 1853 Parapolybia Saussure, 1854 Polybioides Ropalidia Guérin-Méneville, 1831

Tribo Vespini Linnaeus, 1771Vespini Linnaeus, 1771 en BioLib.

Dolichovespula Rohwer, 1916 Vespula Thomson, 1869 Vespa Linnaeus, 1758 Palaeovespa † Cockerell, 1906 Provespa Ashmead, 1903

Nota taxonómica A división do xénero orixinal Vespula Thomson 1869 nos novos xéneros Vespula e Paravespula é hoxe rexeitada pola maioría dos autores. Paravespula só se considera como un subxénero de Vespula e xa non é válido como nome xenérico. A relación entre os xéneros en función das características xenéticas móstrase no seguinte cladograma:Federico Lopez-Osorio, Kurt M. Pickett, James M. Carpenter, Bryan A. Ballif & Ingi Agnarsson (2014): "Phylogenetic relationships of yellowjackets inferred from nine loci (Hymenoptera: Vespidae, Vespinae, Vespula and Dolichovespula)". Molecular Phylogenetics and Evolution 73: 190–201.

Os xéneros Vespula e Dolichovespula son, polo tanto, grupos irmáns, e a monofilia dos xéneros apóiase na análise xeral, pero o seu clado común non se confirma en todas as análises individuais. O xénero Vespula comprende 27 especies, en comparación coas 21 especies de Dolichovespula.

Distribución xeográfica Especies desta subfamilia encóntranse en todos os continentes, excepto na Antártida. Hai casos de especies que se introduciron en territorios máis alá da súa área de distribución natural, das que algunhas se converteron en pragas importantes.

O xénero Vespa é o único que vive na Península Ibérica.Blas, M. et al. (1987): Artròpodes (II). Història Natural dels Països Catalans, 10. Enciclopèdia Catalana, S. A., Barcelona. ISBN 84-7739-000-2 En Norteamérica encóntranse especis dos xéneros Dolichovespula, Vespa e Vespula.Bugguide.net. Subfamily Vespinae - Hornets and Yellowjackets

Bioloxía miniatura|200px|Dolichovespula maculata A socialización dos vespinos está moi desenvolvida que noutras subfamilias. Aas castas están máis diferenciadas en tamaño e morfoloxía e as colonias tenden a seren máis grandes. A colonia está fundada por unha soa raíña.

Os niños son dunha especie de papel feito de fibras de madeira morta mastigadas. Os panais están protexidos por unha parede de varias capas. Ás veces estas capas son moi rudimentaria se o niño está dentro dunha cavidade pequena. Segundo as especies, os niños poden estar construídos en ramas de árbores, ou en cavidades, como poden ser troncos ocos, ou subterráneos. O niño non se volve a usar ao ano seguinte.

Durante a fase de fundación a raíña realiza todas as tarefas, pero despois que a primeira camada madura, a raíña non sae máis a buscar alimento, principalmente néctar, pole, froitas de óso, saiba de plantas, substancias animais e insectos, e dedícase unicamente a poñer ovos. Os primeiros ovos dan lugar a femias estériles destinadas a convetérense en obreiras, pero ao final da estación producen machos e raíñas. Estes últimos son criados en celas de maior tamaño. O alimento das larvas inclúe unha gran variedade de artrópodos, e incluso carne de animais mortos.

Hai varias especies parasitas. En Dolichovespula adulterina e en Vespula austriaca as femias invaden os niños doutras especies de so seu mesmo xénero, matan á raíña e obrigan ás obreiras a coidar das súas propias larvas. Outra especie, Vespula squamosa, é parasita facultativa, é dicir, que ás veces inicia unha colonia propia e outras ocupa os niños de avespas dunha especie emparentada, Vespula maculifrons. Ademais hai moitos casos de usurpación de niños intraespecífica, é dicir, dentro dunha mesma especie.

As especies do xénero Provespa son nocturnas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos Himenópteros Apócritos Vespoideos Véspidos

Ligazóns externas Buck, M. Marshall, S., Cheung, D. Identification atlas of the Vespidae (Hymenoptera, Aculeata) of the northeastern Nearctic region. 2008

Categoría:Vespidae Categoría:Polinizadores