Kapò é un filme de 1960 dirixido por Gillo Pontecorvo. É unha coprodución entre Italia, Francia e Iugoslavia ambientada na época do Holocausto. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 33ª edición dos premios.

Estreouse subtitulado en galego o 25 de xullo de 2020 a través da TVG.

Sinopse Edith, de 14 anos, e os seus pais xudeus son enviados a un campo de concentración, onde estes últimos son asasinados. Sofia, unha presa política, e un amable médico do campo salvan a Edith dun destino semellante ao darlle unha nova identidade non xudía: a da recentemente falecida Nichole Niepas.

Segundo pasa o tempo, Edith endurécese coa vida brutal. Primeiro, vende o seu corpo a un garda alemán a cambio de alimentos; despois establece unha amizade con outro garda, Karl. A confraternización axúdaa a converterse nunha kapo (prisioneiro a cargo doutros). Así, Edith prospera, mentre que a idealista Sofia se volve cada vez máis feble.

Personaxes Susan Strasberg como Edith, alias Nicole Niepas Laurent Terzieff como Sascha Emmanuelle Riva como Terese Didi Perego como Sofia Gianni Garko como Karl Annabella Besi Graziella Galvani Paola Pitagora Eleonora Bellinzaghi Bruno Scipioni Dragomir Felba Dušan Perković como comandante

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 33ª edición dos Óscar Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1960 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Iugoslavia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Gillo Pontecorvo Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes de 1960 con versión en galego