Luca é un filme estadounidense de 2021 de animación producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi dirixido por Enrico Casarosa (no seu debut como director de longametraxes), escrito por Jesse Andrews e Mike Jones e producido por Andrea Warren. Está protagonizado polas voces de Jacob Tremblay, Jack Dylan Grazer, Emma Berman, Saverio Raimondo, Maya Rudolph, Marco Barricelli, Jim Gaffigan, Peter Sohn, Lorenzo Crisci, Marina Massironi e Sandy Martin.
Ambientado na riviera italiana, o filme conta a historia de Luca Paguro, un neno monstro mariño coa habilidade de asumir a forma humana cando está en terra, que explora a vila de Portorosso co seu novo mellor amigo Alberto Scorfano. Luca inspírase na nenez de Casarosa en Xénova; diversos artistas de Pixar foron enviados á riviera italiana para investigar sobre a cultura italiana e os seus espazos. Os monstros mariños, unha "metáfora para os que se senten diferentes", están vagamente baseados en antigos mitos italianos."Inspired: Deanna Marsigliese, The Art of the Pivot ", Inside Pixar, season 1, episode 2, Disney, 2021. Ó igual que La Luna, o deseño e a animación están inspitados nos debuxos e obras de stop-motion, así como no estilo de Hayao Miyazaki. Casarosa describiu o resultado como un filme que "rende homenaxe a Federico Fellini e outros directores clásicos italianos, cun chisco de Miyazaki na mestura".
Personaxes miniatura|150px|Jacob Tremblay pon a voz do personaxe principal. Jacob Tremblay como Luca Paguro Jack Dylan Grazer como Alberto Scorfano Emma Berman como Giulia Marcovaldo Saverio Raimondo como Ercole Visconti Maya Rudolph como Daniela Paguro Marco Barricelli como Massimo Marcovaldo Jim Gaffigan como Lorenzo Paguro Peter Sohn e Lorenzo Crisci como Ciccio e Guido Marina Massironi como Mrs. Marsigliese Sandy Martin como avoa Paguro Sacha Baron Cohen como tío Ugo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Enrico Casarosa Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Filmes sobre criaturas lendarias Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1959