Soiuz TMA-02 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 7 de xuño de 2011 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-02M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Michael Fossum (da NASA), Satoshi Furukawa (da JAXA) e Sergei Volkov, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento. A nave acoplouse no módulo de investigación Rassvet (MRM1, Mini Research Module 1) e durante a misión a tripulación preparou a estación para a chegada das misións Soiuz TMA-22 e STS-135. Durante a estancia da Soiuz TMA-02M recibiuse a visita dos cargueiros Progress M-11M, Progress M-12M e Progress M-13M. A nave regresou o 22 de novembro de 2011 ás 2:26 GMT.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-02M estaba formada por Oleg Kononenko, André Kuipers e Donald Pettit.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz