Francisco Ramos Calvete, nado en Ferrol en 1891, foi un sindicalista e político galego. Traxectoria Albanel, afiliado á CNT de Ferrol. Foi procesado en 1919 pola rotura dunha urna cando se estaba realizando o escrutinio das eleccións municipais.El Ideal Gallego, 13-3-1919, p. 2. Foi elixido candidato da Agrupación Socialista de Ferrol para as eleccións municipais de 1920.El Ideal Gallego, 14-1-1920, p. 1. En 1930 era inspector local da Federación del Trabajo de Ferrol.El Pueblo Gallego, 4-11-1930, p. 2. Foi secretario do Sindicato Único del Ramo de la Edificación,El Obrero, 15-4-1933, p. 1. e participou no conflito do cuarteis de Sánchez Aguilera. Estivo procesado por inxurias ao presidente do Consello de Ministros e ao Ministro de Traballo. Organizador dun movemento de 48 horas promovido pola CNT e acusado da colocación de explosivos. Ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de maio de 1933 por un delito de folga sediciosa,El Correo Gallego, 14-5-1933, p. 1. en xuño o gobernador civil decretou a súa liberdade, e foi liberado o día 6.El Pueblo Gallego, 7-6-1933, p. 10. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e foi declarado en rebeldía. Presentouse ás autoridades en 1945, quedando en liberdade. Novamente detido, ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de abril de 1948 e foi conducido á prisión da Coruña o 16 de abril. Complicado na causa 40/48 por agachar a un dos encausados, foi condenado a seis meses e un día de prisión menor en outubro de 1948. Vida persoal Casou en 1915 con Juana Pereira Yáñez.El Correo Gallego, 21-3-1915, p. 1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (R)
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1891