James Lablache Stewart, nado en Londres o 6 de maio de 1913 e finado en Santa Monica o 16 de agosto de 1993, foi un actor británico coñecido como Stewart Granger, asociado con protagonistas heroicos e románticos. Foi un actor popular desde a década de 1940 a principios dos sesenta.

Traxectoria Granger estudou interpretación na escola Webber Douglas Academy of Dramatic Art, e unha vez rematada a súa formación comezou a participar como extra en filmes ingleses. A finais da década de 1930 adoptou o seu nome artístico Stewart Granger, para evitar confusións co actor estadounidense James Stewart, que nesa época estaba a adquirir unha crecente popularidade en Inglaterra. Durante varios anos continuou a actuar no cinema como extra ou en pequenos papeis e traballou tamén en varias compañías de teatro.

Por fin, en 1939, Granger conseguiu un papel principal nu filme, So This Is London. A partir de entón foise convertendo nun dos actores románticos máis populares do seu pais, obtendo éxito tras éxito nos filmes en que actuaba, case sempre no papel de heroe. Finalmente acabou chamando a atención dos estudios de Hollywood, e en 1950 asinou un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer.'FRANCIS' STORIES ARE BOUGHT BY U.-I.: The New York Times 17 de maio de 1950: 35. Nos anos seguintes interveu en numerosos filmes, encarnando heroes románticos e aventureiros.

Granger era un home alto a quen lle gustaba matizar as súas interpretacións de estilo shakespeariano con algo de humor e de innegable atractivo varonil, cunha voz suave e unha melena de cabelo ondulado, que resultaba un galán simpático a todos os públicos. Actuaba con enorme facilidade, podía comunicar intensidade emocional e convicción, e parecía gozar coas súas personaxes. Moitas das escenas de risco as realizaba el, sen deixarse dobrar por especialistas.

En 1956 adquiriu a nacionalidade estadounidense e comezou a traballar de xeito independente, é dicir, sen estar na nómina de estudio ningún. Nos anos seguintes apareceu novamente en producións británicas, así como doutros países. A partir de 1970 actuou tamén en filmes e series para televisión, tanto nos Estados Unidos como en Europa. Granger regresou así mesmo de cando en vez ao teatro, onde obtivo un éxito considerable. A súa última aparición en escena foi en Broadway, na obra The Circle, coprotagonizada por Rex Harrison.

Stewart faleceu en Santa Monica, a causa de cancro de próstata e ósos, aos 80 anos de idade.

Vida persoal Granger estivo casado en tres ocasións e tivo catro fillos: Elspeth March (1938–1948); dous fillos, Jamie e Lindsay Jean Simmons (1950–1960), (coa que protagonizou Adam and Evelyne, Young Bess e Footsteps in the Fog); unha filla, Tracy Caroline LeCerf (1964–1969); unha filla, Samantha.

Granger afirmou na súa autobiografía que Deborah Kerr se achegara a el romanticamente na parte de atrás do seu coche cando estaban a rodar Caesar and Cleopatra.Granger, Stewart. Sparks Fly Upward, Putnam; 1st American edition (1981), Aínda que nesa época el estaba casado, dixo que el e Kerr tiveron unha aventura. Preguntada por esta revelación, Kerr respondeu "Que home máis galante".

Filmografía

The Song You Gave Me (1933) como Waiter (sen acreditar) A Southern Maid (1933) (sen acreditar) Give Her a Ring (1934) como Diner (sen acreditar) Over the Garden Wall (1934) (sen acreditar) A Southern Maid (1934) (sen acreditar) I Spy (1934) (sen acreditar) Under Secret Orders (1937) (sen acreditar) So This Is London (1939) como Laurence Convoy (1940) como Sutton (sen acreditar) Secret Mission (1942) como Sub-Lieutenant Jackson Thursday's Child (1943) como David Penley The Man in Grey (1943) como Peter Rokeby The Lamp Still Burns (1943) como Laurence Rains Fanny by Gaslight (1944) como Harry Somerford Love Story (1944) como Kit Firth Madonna of the Seven Moons (1945) como Nino Waterloo Road (1945) como Ted Purvis Caesar and Cleopatra (1945) como Apollodorus Caravan (1946) como Richard Darrell The Magic Bow (1946) como Niccolò Paganini Captain Boycott (1947) como Hugh Davin Blanche Fury (1948) como Philip Thorn Saraband for Dead Lovers (1948) como Konigsmark Woman Hater (1948) como Lord Terence Datchett Adam and Evelyne (1949) como Adam Black King Solomon's Mines (1950) como Allan Quatermain Soldiers Three (1951) como Pvt. Archibald Ackroyd The Light Touch (1951) como Sam Conride The Wild North (1952) como Jules Vincent Scaramouche (1952) como Andre Moreau O prisioneiro de Zenda (1952) como Rudolf Rassendyll / rei Rudolf V Salome (1953) como Commander Claudius Young Bess (1953) como Thomas Seymour All the Brothers Were Valiant (1953) como Mark Shore Beau Brummell (1954) como George Bryan 'Beau' Brummell Green Fire (1954) como Rian X. Mitchell Moonfleet (1955) como Jeremy Fox Footsteps in the Fog (1955) como Stephen Lowry The Last Hunt (1956) como Sandy McKenzie Bhowani Junction (1956) como Col. Rodney Savage The Little Hut (1957) como Sir Philip Ashlow Gun Glory (1957) como Tom Early Harry Black (1958) como Harry Black The Whole Truth (1958) como Max Poulton North to Alaska (1960) como George Pratt The Secret Partner (1961) como John Brent aka John Wilson Sodom and Gomorrah (1962) como Lot The Legion's Last Patrol (1962) como Captain Le Blanc Swordsman of Siena (1962) como Thomas Stanswood The Shortest Day (1963) como Avvocato (sen acreditar) The Secret Invasion (1964) como Maj. Richard Mace Among Vultures (1964) como Old Surehand The Crooked Road (1965) como Duke of Orgagna Red Dragon (1965) como Michael Scott Flaming Frontier (1965) como Old Surehand The Oil Prince (1965) como Old Surehand Killer's Carnival (1966) como David Porter (Vienna segment) Target for Killing (1966) como James Vine Requiem for a Secret Agent (1966) como Jimmy Merrill The Trygon Factor (1966) como Supt. Cooper-Smith The Last Safari (1967) como Miles Gilchrist Any Second Now (1969, telefilme) como Paul Dennison The Hound of the Baskervilles (1972, telefilme) como Sherlock Holmes The Wild Geese (1978) como Sir Edward Matherson The Royal Romance of Charles and Diana (1982, telefilme) como Filipe, duque de Edimburgo A Hazard of Hearts (1987, telefilme) como the elder Lord Vulcan Hell Hunters (1988) como Martin Hoffmann Chameleons (1989, telefilme) como Jason Fine Gold (1989) como Don Miguel

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Box office reception of Stewart Granger's films in France Britmovie.co.uk Photographs and literature BBC interview with Gloria Hunniford Stewart Granger's appearance on This Is Your Life

Categoría:Nados en Kensington e Chelsea Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Finados por cancro