Hoël I da Bretaña (en ), finado en 981, foi un nobre bretón que foi conde e Nantes e duque da Bretaña desde 960 a 981.

Traxectoria Hoël era un fillo ilexítimo de Alan II da Bretaña e Xudite.<ref>Segundo a Chronique de Nantes, "Hi nompe progenitiex nobili matre, nomine Judith, exctiterant, antequam Alanus praefatus sororem Theobaldi comitis Blesensis in uxorem duceret".</ref> Á morte de Drogón, irmán de Hoël e de Guerech, o goberno do ducado da Bretaña dispersouse entre os principais nobres. A proba deste liderado roto está nas cartas do papa Xoán XIII a Bretaña, dirixidas a Judicael Berengario e ao seu fillo Conan I, así como a Hoël e ao seu irmán Guerech.Barthélémy-Amédée Pocquet du Haut-Jussé: Les Papes et les Ducs de Bretagne. Publicado en 1928 pola éditions De Boccard, Paris. (Hoëdic na páx. 511).

En 975, Hoël entrou en conflito con Conan, conde de Rennes, e duque eventual da Bretaña tras o goberno de Hoël e o seu hermano Guerech. Conan, que controlaba o norte da Bretaña, considerábase o gobernante de todo o país. O exército de Hoël estaba reforzado con tropas de Godofredo I de Anjou, mentres que as forzas de Conan I apoiábanas a Casa de Blois.Conan I era vasalo de Teobaldo I de Blois. Tivo lugar unha batalla en Conquereuil na que Godofredo derrotou a Conan I, a pesar de que o resultado militar da batalla foi indeciso, xa que constan resultados diferentes nas Crónicas de Nantes e Mont St Michel.En fait l’issue du combat fut très indécise: victoire nantaise pour la Chronique de Nantes et victoire rennaise pour celle du Mont-Saint-Michel: Anno DCCCCLXXXI.

En 981, Hoël apoiou ao seu imán Guerech para que fose elixido bispo de Nantes en substitución de Gauthier I, que morrera.

Familia Descoñécese o nome da cónxuxe de Hoël I. Tivo polo menos dous fillos coñecidos: Judicaël (c. 979 - 1004) - Conde de Nantes e pai de Budic e Xudite de Nantes. Hoël

Morte En 981, durante unha visita de Guerech ao Metropolitano de Tours, que controlaba todos os bispos da Bretaña, Hoël foi asasinado por Galuron, por orde de Conan I. Guerech deixou o seu bispado de Nantes antes de ser consagrado bispo, e foi elixido Conde de Nantes.

TítulosPrecedido porDrogónDuque da BretañaConde de Nantes960 – 981Sucedido porGuerech

Notas

Véxase tamén Bibliografía Chédeville, André & Noël-Yves Tonnerre (1987): La Bretagne féodale XI<small>e</small>-XIII<small>e</small> siècle. Ouest-France: Université Rennes. ISBN 27-373-0014-2. Quaghebeur, Joëlle (2002): La Cornouaille du IX<small>e</small> au XII<small>e</small> siècle. Mémoire , pouvoirs, noblesse. Rennes: Presses Universitaires de Rennes. ISBN 2-8684-7743-7. Tonnerre, Noël-Yves (1994): Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIII<small>e</small> à la fin du XII<small>e</small> siècle'' Angers: Presses de l'Université d'Angers. ISBN 2-9030-7558-9.

Ligazóns externas La chronique de Nantes (570 environ-1049) .

Categoría:Nobres de Francia Categoría:Historia da Bretaña Categoría:Finados en 981 Categoría:Duques da Bretaña