A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi un equipo profesional español con sede na cidade de Barcelona, Cataluña. Durante a segunda metade da década de 1980 xogou na Liga ACB, até que en 1991 se fusionou co CB Granollers. O seu maior éxito foi a consecuión da Copa do Rei en 1941 ao vencer na final por 35−20 ao Hospitalet.
Historia
A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi fundada en 1923 e extinguida en 1989. En 1923, por tanto, o club converteuse nun dos primeiros clubs deportivos de Cataluña con equipo de baloncesto. En 1923 participou no primeiro Torneo Rexional. Cómpre destacar que o primeiro punto anotado no devandito campionato logrouno o xogador do Espanyol Bagués ao anotar un tiro libre. Desde 1924 a 1927 o club non participou en ningún torneo oficial, até que o fixo na temporada 1927−28 no Campionato de Segunda Categoría, proclamándose campión desta e ascendendo á Primeira División. Na temporada 1928−29 quedou en quinto posto da clasificación e na 1929−30 terceiro.
Nas temporadas 1930−31 e 1931−32 a sección proclamouse Campión de Cataluña. Nas tempadas 1932−33 e 1933−34, porén, foi subcampión deste mesmo torneo. Na temporada 1940-41 participou nos Campionatos Nacionais que se disputaron en Madrid, proclamándose Campión de España ao derrotar na final a outro club catalán, o CB L'Hospitalet. Na temporada 1941−42, o equipo quedou en sétimo lugar porque moitos dos seus mellores xogadores pasaron a outros clubs. Este feito fixo que durante as seguintes tempadas as actuacións dos branquiazuis non fosen todo o boas que deles cabía esperar e acabou descendendo á Segunda Categoría. Permaneceu na Segunda Categoría desde o 1946 até o 1950, cando se gañaron 25 dos 26 partidos xogados e logrou o ascenso á Primeira Categoría. No palmarés do Espanyol de baloncesto figuran pois, dous Campionatos de Cataluña en 1930−31 e 1931−32 e un Campionato de España en 1940−41.
O Espanyol regresaría á elite na década de 1980, sendo estes os mellores anos da sección. Militou cinco tempadas na Liga ACB, e contou con xogadores como Mike Phillips, Ferran Martínez, Albert Illa, Jordi Freixanet, Toni Tramullas, Manel Bosch, Óscar Cervantes, Pepe Collins ou Santi Abad. Nesa época o equipo disputaba os seus partidos no Palau Municipal d'Esports de Barcelona (do catalán: Palacio Municipal dos Deportes de Barcelona). O equipo chegou a disputar a Copa Korać na temporada 1986−87, mais descendeu na temporada 1988−89, o que acabou precipitando a súa desaparición. Cómpre destacar que 1988 a sección foi comprada pola empresa Unipublic, desvinculándose definitivamente do club. Finalmente, esta fusionase co Granollers antes de desaparecer definitivamente.
Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa estancia na Liga ACB: Español (1984−1985) Español Júver (1985−1986) Gin MG Sarriá (1986−1987) Grupo IFA RCD Español (1987−1988) Grupo IFA Español (1988−1989)
Xogadores Destacados
Santi Abad Manel Bosch Óscar Cervantes Jordi Freixanet Albert Illa Ferran Martínez Herminio San Epifanio Toni Tramullas Victor Anger Ken Austin Jack Haley Mike Phillips Claude Riley Vernon Smith Dale Solomon Pepe Collins
Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1929–58Copa do ReiUnha vez campión (1940–41)1957–58 11ª División 7th 7–11 1958–59 11ª División 7th 10–14 1959–60 11ª División 9th 12–1–15Primeira rolda1960–61 11ª División 10º 6–16Semifinais1961–62 11ª División 5º 10–8Cuartos de final1962–82Lower divisions1967–68 22ª División 13–8 1968–69 22ª División 24–1–3 1969–70 11ª División12º 3–1–18 1970–71 22ª División 15–1–10 1971–72 22ª División 9–13 1972–73 22ª División 13–15 1973–74 22ª División 1974–75 22ª División 7–1–14 1975–76 33ª División 24–4 1976–77 33ª División 16–1–9 1977–78 33ª División 23–7 1978–79 32ª División 15–15 1979–80 32ª División 1980–81 32ª División 18–8 1981–82 32ª División 1982–83 2 1ª División B 6º 13–1–11 1983–84 2 1ª División B1º 21–5 1984–85 1ACB 12º 12–18 Copa Príncipe 1985–86 1ACB 12º 16–17 Copa Príncipe CF1986–87 1ACB 14º 15–17 Copa Príncipe OF3 Copa Korać 3–11987–88 1ACB 16º 8–24 Copa Príncipe OF1988–89 1ACB 8º 22–16Primeira rolda
Notas
Véxase tamén Outros artigos CB Granollers
Ligazóns externas Páxina web oficial do RCD Espanyol
Espanyol Baloncesto RCD Espanyol Baloncesto RCD Espanyol Baloncesto RCD