Mauricio Monteserín Gómez, nado en Ribadeo o 23 de marzo de 1976, é un ex-remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000, na proba de dobre scull.

Traxectoria Iniciouse no remo aos 14 anos no Club de Remo Ribadeo, pasando logo ao Club de Mar de Castropol. En 1997 foi subcampión de España en dobre scull e participou nos Xogos Mediterráneos en Bari, rematando na quinta posición do cúadruplo scull. Ao ano seguinte volveu ser subcampión de España, esta vez no scull individual, e nesta modalidade proclamouse campión en 1999 en Sevilla.

Participou xunto ao asturiano Jaime Ríos. nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, na proba de dobre scull, rematando na derradeira posición tanto na primeira serie como na repesca. Ao ano seguinte obtivo un novo quinto posto nos Xogos Mediterráneos de Tunes e conseguiu o seu segundo título de campión de España en scull individual, revalidando o título en 2002. No 2003 en Banyoles, gañou un novo título nacional, esta vez na modalidade de oito con temoneiro, na que participou xunto aos seus compañeiros do Club de Mar de Castropol.

En 2003 pasou a remar en traiñeiras, disputando a Liga ACT. Militou cinco anos en Astillero e un en Arkote, e no 2010 fichou por Pedreña, equipo ao que pasou a adestrar a finais de 2011. Uns anos despois regresou a Ribadeo, onde xunto a outros compañeiros volveu poñer en marcha o Club de Remo, que levaba dez anos sen actividade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Datos do remeiro en olympedia.org . Datos do regatista no sitio web do Comité Olímpico Internacional .

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Adestradores de Galicia