Eugenio Jáudenes Agacino, nado en Ferrol o 18 de xaneiro de 1920 e finado en Palma de Mallorca o 31 de xaneiro de 2004, foi un militar e regatista galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México.

Traxectoria Nado en Ferrol en 1920, elixiu a carreira militar ao igual que o seu pai, o capitán de navío Ángel Jáudenes Bárcena, e nos anos 40 foi destinado a Palma de Mallorca. Practicante de vela dende novo, comezou navegando na clase snipe, pasando logo á clase dragon, e gañando tres campionatos de España. En 1968, xa con 48 anos e co grao de tenente coronel de Infantaría , participou nos Xogos Olímpicos de Cidade de México, onde disputou a proba da clase dragon con Ángel Riveras e Manuel Baiget, rematando na antepenúltima posición.

Foi presidente do Real Club Náutico de Palma.

Vida persoal Casou en 1946 coa mallorquina María de la Concepción Montaner, coa que tivo tres fillos: Concepción, Eugenio e Ángel.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Datos do regatista en olympedia.org . Datos do regatista no sitio web do Comité Olímpico Internacional .

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 2004 Categoría:Regatistas olímpicos de Galicia Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1968