Peggy Sue casou (en ) é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Francis Ford Coppola e protagonizado por Kathleen Turner, quen interpreta o papel dunha muller ao bordo do divorcio, que é transportada no tempo aos seus días no último ano de instituto en 1960. O filme foi escrito polo matrimonio formado por Jerry Leichtling e Arlene Sarner.

O filme foi un éxito de recadación e recibiu boas valoracións por parte da crítica. Foi nomeado a tres Premios Óscar: mellor actriz (Turner), mellor fotografía e mellor deseño de vestiario. Ademais, Turner foi nomeada ao premio de mellor actriz estranxeira nos Premios Sant Jordi.

Estreouse en galego o 9 de setembro de 1994 a través da TVG.

Personaxes

Kathleen Turner como Peggy Sue Kelcher-Bodell Nicolas Cage como Charlie Bodell Barry Miller como Richard Norvik Catherine Hicks como Carol Heath Joan Allen como Maddy Nagle Kevin J. O'Connor como Michael Fitzsimmons Jim Carrey como Walter Getz Lisa Jane Persky como Delores Dodge Lucinda Jenney como Rosalie Testa Wil Shriner como Arthur Nagle Barbara Harris como Evelyn Kelcher Don Murray como Jack Kelcher Sofia Coppola como Nancy Kelcher John Carradine como Leo Maureen O'Sullivan como Elizabeth Alvorg Leon Ames como Barney Alvorg Helen Hunt como Beth Bodell Glenn Withrow como Terry Marshall Crenshaw como músico na reunión

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Ford Coppola Categoría:Filmes con banda sonora de John Barry Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes de American Zoetrope Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes ambientados en 1960 Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego