Muriel Sarah Camberg, nada en Bruntsfield, Edimburgo, o 1 de febreiro de 1918 e finada en Florencia o 13 de abril de 2006, foi unha novelista británica, coñecida como Muriel Spark.
Traxectoria Muriel Camberg naceu en Edimburgo, fillo de Bernard Camberg, enxeñeiro, e Sarah Elizabeth Maud (de solteira Uezzell). O seu pai era xudeu askenazí, nado en Edimburgo de pais inmigrantes lituanos, e a súa nai era inglesa e fora criada como presbiteriana.Guardian obituary Estudou no James Gillespie's High School for Girls. En 1934-1935 asistiu a un curso sobre correspondencia comercial no Heriot-Watt College. Deu clases de inglés durante un curto período antes de traballar como secretaria nunha tenda.
En 1937, con 19 anos, comprometeuse con Sidney Oswald Spark, trece anos máis vello ca el, e marcharon vivir a Rhodesia. Casaron en Salisbury o 3 de setembro de 1937. O seu fillo Samuel Robin naceu en xullo de 1938. Meses despois descubriu que o seu marido era maníaco depresivo e sufría ataques violentos. En 1940 Muriel abandonou a Sidney e deixou temporalmente a Robin nun convento, xa que os nenos non podían viaxar durante a guerra. Volveu ao Reino Unido a principios de 1944, establecéndose en Londres. Traballou no Foreign Office, realizando labores de contraespionaxe bélica. Foille concedida a Orde do Imperio Británico.
Comezou a ser coñecida coa súa novela The Comforters (1957), que asinou co apelido Spark; a partir de aí continuou a escribir regularmente, cun estilo punzante e eficaz. Tivo grande amizade con Graham Greene e tamén escribiu en The New Yorker.
En 1954 converteuse ao catolicismo. Tras vivir algúns anos en Nova York mudouse a Roma, onde coñeceu a astista e escultora Penelope Jardine en 1968. A principios da década de 1970 estableceuse na Toscana, na aldea de Oliveto, preto de Civitella in Val di Chiana.
Spark faleceu en 2006 e foi enterrada no cemiterio de Sant'Andrea Apostolo en Oliveto.
En 2008, The Times considerou a Spark a oitava na súa listaxe dos "50 mellores escritores británicos desde 1945". En 2010, Spark foi candidata póstuma ao Lost Man Booker Prize de 1970 por The Driver's Seat.
Relación co seu fillo Spark e o seu fillo Samuel Robin Spark tiveron por momentos unha relación afastada. A relación sufriu cando o xudaísmo ortodoxo de Robin o impulsou a presentar unha petición para que a súa defunta bisavoa fose recoñecida como xudía. Os avós maternos de Spark, Adelaide Hyams e Tom Uezzell, casaran pola igrexa; Tom era anglicano e o pai de Adelaide era xudeu, mais non a súa nai. Adelaide considerábase "xudía xentil". Spark reaccionou acusándoo de buscar publicidade para a súa carreira como artista.. O irmán de Muriel, Philip, un activo xudeu, estaba de acordo coa versión da historia familiar dela. Durante unha das últimas sinaturas de libros que fixo en Edimburgo, contou a un xornalista que lle preguntou se volvería ver o seu fillo: "Creo que sei que é mellor evitalo agora" ("I think I know how best to avoid him by now")."Spark's son: I won't cash in on mum", The Scotsman, 14 de maio de 2006
Novelas The Comforters (1957) Robinson (1958) Memento Mori (1959) The Ballad of Peckham Rye (1960) The Bachelors (1960) The Prime of Miss Jean Brodie (1961) The Girls of Slender Means (1963) The Mandelbaum Gate (1965) The Public Image (1968) – candidata ao Booker Prize The Driver's Seat (1970) – candidata ao Booker Prize Not To Disturb (1971) The Hothouse by the East River (1973) The Abbess of Crewe (1974) The Takeover (1976) Territorial Rights (1979) Loitering with Intent (1981) – candidata ao Booker Prize The Only Problem (1984) A Far Cry from Kensington (1988) Symposium (1990) Reality and Dreams (1996) Aiding and Abetting (2000) The Finishing School (2004)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Jardine, Penelope, ed. 2018. A Good Comb. New Directions Ligazóns externas Páxina oficial de Dame Muriel Spark Muriel Spark personal archive na National Library of Scotland The Muriel Spark Papers at Washington University in St. Louis Muriel Spark fonds at University of Victoria, Special Collections Guardian obituary, 17 de abril de 2006 In their own words BBC interview 3 de decembro de 1971 Chrysalis : poema de Muriel Spark en TLS, 17 de xaneiro de 2008 "Dame Muriel Spark", Fellows Remembered, The Royal Society of Literature
Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Novelistas do Reino Unido Categoría:Británicos de ascendencia xudía