Os antícidos (Anthicidae) son unha familia de coleópteros polífagos. A familia comprende unhas 3500 especies nuns 100 xéneros. A maioría das especies son de pequeno tamaño e teñen aparencia de formiga.

Características A cabeza estréitase xusto enfronte do pronoto formando un pescozo, e o extremo posterior do pronoto é xeralmente tamén estreito. As patas e antenas son delgadas, aumentando a súa aparencia de formiga, e o corpo está escasamente cuberto con pelos longos.

Os escaravellos adultos son omnívoros, consomen pequenos artrópodos, pole, fungos... Algúns tipos teñen interese para controis biolóxicos, xa que comen os ovos ou larvas de pragas.

Moitos membros da familia séntense atraídos pola cantaridina, que parece que acumulan e que disuade os seus posibles depredadores. miniatura|Os membros do xénero Anthelephila teñen aparencia de formigas.

Subfamilia Inclúe as seguintes subfamilias:

Anthicinae Copobaeninae Eurygeniinae Ischaliinae Lemodinae Macratriinae Steropinae Tomoderinae

Véxase tamén Ligazóns externas Bugguide.net. Family Anthicidae - Antlike Flower Beetles Atlas of the family Anthicidae of Russia

Categoría:Cucujiformia