José Chao Rouco, coñecido como Benita, nado en Lugo e finado en Pazos (Monfero) o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Enlace da guerrilla, incorporouse en 1947 ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderado por Adolfo Allegue Allegue. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda Civil en Pazos (San Fiz de Monfero) cos seus compañeiros Adolfo Allegue Allegue, Antonio López Arias, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Remuiñán Barreiro o 31 de outubro de 1949.La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2."Siete bandoleros muertos en un tiroteo con la Guardia Civil, en Pazos", El Correo Gallego, 1-11-1949, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Finados en 1949