Josefina González Cudeiro, nada en Ourense o 6 de outubro de 1918 e finada na Coruña o 15 de outubro de 2012, foi unha guerrilleira antifascista galega.
Traxectoria Filla de Ramón González Calviño e Vicenta Cudeiro, unha familia esquerdista, laica e republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dous dos seus irmáns, Ángel e Julio González Cudeiro, agocháronse na carboeira e o faiado da casa, no número 31 da rúa Raíña Victoria, para evitaren a fronte, xunto co fuxido Enrique Nanín Ansias. Delatados por unha veciña o 26 de marzo de 1937, foron detidos na madrugada do 27 o pai, os dous irmáns e Enrique.La Región, 28-3-1937, p. 3. Josefina foi encarcerada coa súa nai e os seus irmáns Julio e Ángel. Estivo presa coa nai en Bande até 1938. Ao saír actuou coas súas irmás Luisa e Maruja en tarefas de propaganda para o Partido Comunista de España. Marcada e vixiada, decidiu trasladarse a Madrid a mediados de 1944.
Encartada na causa 370/48, foi xulgada na Coruña o 18 de outubro con José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, José Bartrina Villanueva, Juan José Romero Ramos, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Santos, Juan Martínez Montero, María Blázquez del Pozo e Clementina Gallego Abeledo.La Voz de Galicia, 19-10-1948, p. 2. Foi condenada a trinta anos de prisión."Sentencia cumplida", La Voz de Galicia, 7-11-1948, p. 2. Pasou polos cárceres da Coruña, Segovia e finalmente Alcalá de Henares. Exiliouse en Venezuela.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Josefina González Cudeiro, Heroína anónima
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes