O Jyväskylän palloilijat Naiset, máis coñecido como JYP Naiset, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Jyväskylä (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Mestis, segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. O equipo proclamouse campión da máxima categoría, a Naisten Liiga en tres ocasións (1997, 1998 e 2016).
Historia O equipo feminino de JYP formouse inicialmente co nome de Hockey Cats. JYP Naiset gañou a Naisten SM-sarja por primeira vez na tempada 1996-97, revalidándo na tempada seguinte, e conseguiu o seu derradeiro campionato nacional na tempada 2015-16. Do mesmo xeito, consegiu a medalla de prata nos anos 1999, 2013, 2014 e 2015. Varias xogadoras de JYP Naiset teñen conseguido medallas coa selección nacional de Finlandia, como Meeri Räisänen, Jenni Hiirikoski, Rosa Lindstedt, Saila Saari e Riikka Välilä, que conseguiron a medalla de bronce no campionato do mundo de 2015. En 2017 JYP Naiset non puido confeccionar un equipo por falta de xogadoras. Varias xogadoras do equipo marcharon a Suecia a xogar no campionato sueco, e o lugar que deixou foi ocupado por Lukko Naiset, que gañara a Naisten Mestis. Na tempada 2020-21 JYP Naiset regresou á Naisten Liiga, xogando nas series inferiores durante a segunda metade da competición.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web
Categoría:JYP Naiset