Homoloidea é unha superfamilia de caranguexos dromiáceos. Homoloidea pertence ao grupo Dromiacea, clasificado taxonómicamente como unha sección, e é o grupo irmán de Dromioidea. Dromiacea é a agrupación máis basal de braquiúros, e probabelmente diverxeu do resto de Brachyura ao redor do Triásico tardío ou do Xurásico inicial. A estreita relación entre Homoloidea e Dromioidea establécese principalmente a través das características ultraestruturais do esperma.
O seguinte cladograma mostra a situación de Homoloidea dentro de Dromiacea:
DromiaceaDromioidea Dromiidae (pode ser parafilética) Dynomenidae Homoloidea Homolidae (parafilética) Latreilliidae Estudos recentes descubriron que a familia Homoloidea é parafilética con respecto aos Latreilliidae.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Homola barbata
Categoría:Artrópodos