David Vázquez Vázquez, tamén coñecido como Pinancho, nado en Pesqueiras (Chantada) o 27 de abril de 1971, é un cámara, realizador e director galego.
Traxectoria. Técnico de son polo CEV de Madrid e mestrado en Dirección e Realización de Cine Vídeo e Televisión en FUNIBER de Barcelona.
Traballou en CTV para a TVG e como Xefe Técnico en Televinte Chantada. Realizou vídeos para Balneario Mondariz, John Deere, Syngenta, Vía Romana, Centro de Lourizán, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, UUAA etc. Creou a empresa Pinancho Audiovisuais. É tamén adegueiro na Ribeira Sacra co viño Antonio do Nicho.
Traballos
Empantanados (2006). Curtametraxe de ficción. Dirixida por Manel Vázquez e David Vázquez para Chantada Comunicación. Protagonizada por Miguel de Lira e Fernando Morán, xira arredor do asolagamento dos lugares próximosao ao encoro de Belesar.
As almas do Fental (2009). Curtametraxe de ficción. Director. Un relato sobre o abandono do rural galego, interpretado por Fernando Morán. Premios: III Muestra de Cine Rural Dos Torres 2013 (Córdoba) Mellor actor Fernando Morán no Budafest 2016
Asolagados (2013). Longametraxe documental. Director. Sobre as aldeas asolagadas polo encoro de Belesar. Premios: Premio Xornalístico Documental Moncho Do Pio 2014 Rios - Festival Internacional de Cinema Documental e Transmedia Vila Real (Portugal) 2015
Hoy como Ayer (2015). Videoclip. Realizador.
O Moredo "A resistencia do Entroido Ribeirao" (2016). Curtametraxe documental para Airoá Comunicación. Director e co-guionista con Lorena Gallardo. Premios: VIA XIV Festival Internacional Verín 2016 “Ciudad del Este Independent Film Festival” Paraguai 2017 Social/Family/Kids Film Festival L.A. (EEUU) 2018
Narote (2019). Curtametraxe documental. Director e co-guionista con Lorena Gallardo. Sobre a vida de Antonio Nieves. Premios: FENACI 2019 (Perú) Festival Internacional Santa Cruz 2020 (Arxentina) Festival do Imaxinario (Vilagarcía) 2020 Mención especial XLI Semana de Cine de Lugo Mención especial My True Story Film Festival
A rosa incandescente (2021), director. Curtametraxe sobre Rosalía de Castro, con guión de Anxos García Fonte. Premios: 1º Premio no Aracnea Film&Book Festival de La Castellaneta, na Puglia (Italia), na categoría de Curtametraxe Internacional, 2022. El último de Arganeo (2022). Curtametraxe documental. Conta a historia de Edilberto Rodríguez, leonés de 24 anos que o deixa todo para ser pastor na terra dos seus avós. Premios: Cencerro del Público Etnovideográfica 21/22 (Zamora) Mellor documental en Ruréfilos (Tardajos / Rabé de las Calzadas) en Burgos. 2022: Premio á mellor fotografía (David Vázquez e Humberto Novoa) no Navarra International Film Festival #NIFF na sección de Cambio Climático. 2022: Gañador do Premio Biosfera do Menorca Doc Fest. Galletas de Xián, un doce legado (2026). Un proxecto para Sacrapastas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Perfil en Twitter Perfil en Facebook Web de Pinancho
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades do cinema de Galicia