Unha ovación (do latín, ovatio) era, na Roma Antiga, unha cerimonia para homenaxear un xeneral vitorioso. Era unha forma menor do triunfo romano, e cun cerimonial menos solemne.
Etimoloxía A orixe da palabra é discutido, tanto entre os antigos como no presente. A maior parte dos aceptan que está relacionada coa palabra latina ovis,"ovella", ao ser o animal sacrificado ao final desta cerimonia.Adam (1834), p. 170 En troques, outros autores relaciónana coa palabra grega "euan" que designaba un berro de ledicia ou un berro dado polos soldados vitoriosos dobrando a letra "o" cando retornaban do combate.Sexto Pompeio Festo, De verborum significatu
Características As ovacións eran outorgadas cando non se declarara unha guerra contra un estado inimigo, cando un inimigo era considerado inferior (rebelións de escravos ou piratas, por exemplo) ou cando o conflito era resolto con pouco ou ningún derramamento de sangue ou sen perigo para o propio exército.Maxfield (1981), pp. 104–105
O xeneral que celebraba a ovación non entraba na cidade montando un carro tirado por catro cabalos brancos (cuadriga), como si o facían os que celebraban un triunfo senón que cruzaban andando e vestidos coa toga praetexta dos maxistrados (unha toga cunha fita púrpura);Goldsworthy (2014), p. 121 mentres o xeneral que celebraba un triunfo levaba posta a toga picta, que era completamente púrpura e estaba adornada con estrelas douradas.
O xeneral que era honrado cunha ovación portaba sobre a súa cabeza unha coroa de mirto (sagrado para Venus), en lugar da famosa coroa de loureiro coa que se celebraba un triunfo.Plinio o Vello, Naturalis Historia, XV, 29 Tampouco era antecedido polo Senado nin acostumaban tomar parte os soldados na procesión.
Historia A ovación, emitida polo senado, era de menor categoría có triunfo, e podíase producir cando a guerra era menos importante, cando o exército inimigo non estaba completa, cando os inimigos non eran "dignos" da República - como piratas ou escravos revoltos - ou mesmo cando a vitoria se conseguise sen derramamento de sangue.Aullus Gellius, Noctes Atticae, V, 6, 21 Tamén podía ser concedida a un xeneral que liderara unha campaña ben realizada nunha guerra aínda sen rematar.Ovación a Marcelo 212 en Tito Lívio, Ab Urbe Condita , XXVI, 21
Plutarco viu nela unha diferenza entre as honras, feita polos antigos, e nas que estes diferenciaban estes dous honores máis polo xeito en que se levan a cabo que pola grandeza das accións (...), reservándose a ovación para os xenerais que, case sen usa-la forza, polo mero poder de persuasión, pola súa elocuencia, finalizaron felizmente as súas empresas.Plutarco, Vida de Marcelo XXII
República A cerimonia foi instituída no 503 a. C. polo cónsul Publio Postumio Tuberto, tras unha vitoria sobre os sabinos e continuou durante toda a República.Plinio, o Vello, Naturalis Historia, XV, 28
Unha ovación famosa da historia de Roma foi a que celebrou Marco Licínio Craso após a súa vitoria contra Espártaco na Terceira guerra servil, na que non recibiu un triunfo ao ser unha guerra contra escravos, mais o senado permitiulles porta-la coroa de loureiro en lugar da de mirto, considerando a relevancia da vitoria.Middleton 1804, p. 83
En total, durante a República romana, rexistráronse un total de 23 ovacións:G. Rohde (1939). Ovatio. RE XVIII, p. 1890-1903 DataXeneralTítuloCausa503 a. C.Publio Postumio TubertoCónsulVitoria sobre os sabinosFasti Triumphales, p. 91487 a. C.Caio Aquilio TuscoCónsulVitoria sobre os hérnicosBroughton (1954), p. 20474 a. C.Aulo Manlio VulsónCónsulRealiza unha tregua cos habitantes de VeiesFasti Triumphales, p. 92462 a. C.Tito Veturio Xémino CicurinoCónsulVitoria sobre os volscos421 a. C.Numerio Fabio VibulanoCónsulVitoria sobre os ecuosBroughton (1954), p. 70410 a. C.Caio Valerio Potito VolusoCónsulVitoria sobre os volscosBroughton (1954), p. 77390 a. C.Marco Manlio CapitolinoDefendeu o Capitolio dos galos de Breno360 a. C.Marco Fabio AmbustoCónsulVitoria sobre os hérnicosFasti Triumphales, p. 94286 ou 285 a. C.Manio Curio DentatoProcónsulVitoria sobre os lucanos211 a. C.Marco Claudio MarceloProcónsulConquista SiracusaBroughton (1954), pp. 273-274207 a. C.Caio Claudio NerónCónsulBatalla do MetauroBroughton (1954), p. 294200 a. C.Lucio Cornelio LéntuloProcónsulVitorias en HispaniaBroughton (1954), p. 324196 a. C.Cneo Cornelio BlasioProcónsulVitorias na Hispania Citerior contra celtiberosBroughton (1954), p. 336195 a. C.Marco HelvioProcónsulVitorias na Hispania Ulterior contra celtiberosFasti Triumphales, p. 102Broughton (1954), p. 341191 a. C.Marco Fulvio NobiliorProcónsulVitorias na Hispania UlteriorBroughton (1954), p. 354185 a. C.Lucio Manlio Acidino FulvianoProcónsulVitorias na Hispania Ulterior contra celtiberosBroughton (1954), p. 373182 a. C.Aulo Terencio VarrónProcónsulVitorias na Hispania CiteriorBroughton (1954), p. 383174 a. C.Apio Claudio CentónProcónsulVitorias na Hispania Ulterior contra celtiberosFasti Triumphales, p. 104Broughton (1954), p. 404132 a. C.Marco PerpernaProcónsulPrimeira guerra servilBroughton (1954), p. 49899 a. C.Manio AquilioProcónsulSegunda guerra servil71 a. C.Marco Licinio CrasoProcónsulTerceira guerra servil44 a. C.Caio Xulio CésarDitadorNo monte AlbanoFasti Triumphales, p. 10840 a. C.Caio Xulio CésarTriunviroPor face-la paz con Marco AntonioFasti Triumphales, p. 10940 a. C.Marco AntonioTriunviroPor face-la paz con Xulio César36 a. C.Caio Xulio César OctavianoTriunviroPor vencer a Sexto Pompeio en SiciliaWilkes (2004), p. 19
Imperio A partir da época imperial, foi cada vez máis rara, chegando a caer en desuso. A derradeira ovación coñecida aconteceu nunha cerimonia na honra de Aulo Plaucio tras vencer os britanos, durante o reinado de Claudio. DataXeneralTítuloCausa11 a. C.Nerón Claudio Druso XermánicoVitorias en Xermania9 a. C.Tiberio Claudio NerónWilkes (2004), p. 175Vitorias en Pannonia. Fora aprobada durante o 11 a.C.20Druso Xulio CésarWilkes (2004), p. 55440Calígula47Aulo PlautoTacitus, "Annales" (XIII. 32)55 NerónWilkes (2004), p. 24493 Domiciano
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Fasti Triumphales". attalus.org (en inglés). (lista realizada a partir da edición de A. Degrassi de Fasti Capitolini (1954), pp. 90-110. Publicado o 29 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
Outros artigos Triunfo romano
Categoría:Historia militar da Roma Antiga