Nikoloz Sherazadishvili, nado en Tbilisi o 19 de febreiro de 1996, é un judoka español, de orixe xeorxiana.

Compite na categoría de -100 kg e foi dúas veces campión do mundo, en 2018 e 2021. Gañou ademais a medalla de bronce nos Campionatos de Europa de Judo de 2018, e participou nos Xogos Olímpicos de 2020 e 2024. Traxectoria Naceu en Tbilisi (Xeorxia) en 1996. Cando tiña 14 anos toda a súa familia emigrou a Madrid. Ten a nacionalidade española desde 2014.

No seu país natal practicaba judo e wáter-polo, pero cando se mudou a Madrid centrouse exclusivamente na arte marcial a través da escola de Judo de Brunete, dirixida polo exjudoka olímpico Joaquín Ruiz Llorente. Os seus primeiros éxitos internacionais foron dúas medallas de prata no Campionato Mundial Júnior, en 2014 e 2015.

Máis tarde instalouse en Vigo, onde entrou a formar parte do club Famu. En 2018 obtivo a medalla de ouro no Campionato do Mundo, na categoría de –90 kg, superando na final ao cubano Iván Felipe Silva , cun ippon de uchi mata na prórroga, despois de rematar o período regulamentario cada un cun wazari. Deste xeito converteuse no primeiro español en obter o título mundial de judo masculino. En 2021 gañou o seu segundo título mundial ao gañar a medalla de ouro na final do Mundial contra o uzbeko Davlat Bobonov, logrando un ippon na prórroga.

Na súa primeira participación olímpica, en Toquio 2020, non puido conseguir medalla a pesar de ser o número 1 na clasificación mundial da súa categoría (–90 kg), e rematou na sétima posición tras perder en cuartos de final contra o ruso Mikhail Igolnikov e na repesca ante Bobonov.

En París 2024 disputou os seus segundos Xogos, desta vez na categoría de 100 kg, obtendo semellante resultado. Eliminou ao húngaro Zsombor Vég antes de caer nos cuartos de final diante do suízo Daniel Eich. Accedeu así á repesca, onde derrotou primeiramente ao xaponés Aaron Wolf, pero acabou quedando de novo ás portas do bronce ao caer fronte ao uzbeco Muzaffarbek Turoboyev por ippon.

Palmarés internacional

+ Campionato do Mundo Ano Lugar Medalla Categoría 2018 Bakú Ouro -90 kg 2021 Budapest Ouro -90 kg Campionato de Europa Ano Lugar Medalla Competición 2018 Tel Aviv Bronce -90 kg

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do atleta no sitio web do COE .

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Tbilisi Categoría:Judokas de Xeorxia Categoría:Judokas de Galicia Categoría:Judokas de España Categoría:Judokas olímpicos de Galicia Categoría:Judokas olímpicos de España Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2024