Lorenzo Pérez García, coñecido como Loren, nado en Ronda o 23 de outubro de 1933, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e militou principalmente no Sevilla FC.

Traxectoria Tras xogar no Algeciras, debutou na Primeira División con 19 anos nas filas do Sevilla. Foi na xornada 26 da tempada 1952/53, contra o Racing de Santander no Sardinero, partido no que marcou o seu primeiro gol. Foi titular nas catro xornadas restantes, nas que marcou outros catro goles, incluído un triplete contra o Celta de Vigo no estadio de Nervión.

Militou no Sevilla ata 1960, marcando 49 goles nos seus 109 partidos oficiais. Na tempada 1958/59 foi cedido ao Granada CF de Scopelli, nunha operación pola que Arsenio e Ramoní foron traspasado ao club granadino e Gilberto Navarro pasou a ser xogador do Sevilla.

En 1960 fichou polo RCD Mallorca, onde xogou ata 1963, cando regresou ao Algeciras. Xogou as últimas xornadas da tempada 1965/66 coa Real Balompédica Linense, xogando a promoción de ascenso a Segunda, onde caeron eliminados contra o Plus Ultra.

Selección nacional Foi internacional coa selección española nun partido amigable contra o Stuttgart en 1954.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Ronda Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores da Real Balompédica Linense