Antonio Álvarez Arias, coñecido simplemente como Arias, nado en Verín o 16 de xaneiro de 1933, é un exfutbolista galego, que xogaba como dianteiro.
Traxectoria Nacido en Verín, comezou a súa carreira como futbolista no Sporting de Braga, pasando logo ao Avilés, onde militou durante dúas tempadas. En 1952 fichou polo Deportivo da Coruña, co que debutou na Primeira División nun partido contra o Valencia en Mestalla, xogando como interior esquerdo, e marcando o único gol do seu equipo (1-1). Disputou 17 encontros ata o final da liga, marcando 8 goles, e a continuación disputou a fase de permanencia na que o equipo logrou manter a categoría.
Con todo, na seguinte tempada non contou con minutos, e en marzo de 1954 saíu cedido ao Xuvenil, da Terceira División. Alí compartiu equipo con xogadores como Manín, Juananco, Vegazo ou Rábade, e logrou un histórico ascenso a Segunda División despois de derrotar na antepenúltima xornada ao Lemos. De regreso no Deportivo, disputou un só partido durante a tempada 1954/55, nun encontro da Copa do Xeneralísimo fronte ao Barcelona no que marcou o único gol deportivista (1-1). Deixou o club en xuño de 1955.
En 1957 realizou unha proba co Racing de Ferrol e acabou fichando polo club, que militaba na Segunda División.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Verín Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Xuvenil Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol