Gorsedd e BeirddGorsedd dos BardosAwen de Iolo Morganwg. Abreviatura Gorsedd Formación 1792 ( 1792 ) Fundador Iolo Morganwg Tipo cultura galesaRexurdmento celta Sede Gales Sitio web gorsedd.cymru Un gorsedd (, plural gorseddau) é unha comunidade ou reunión de bardos actuais. A palabra de orixe galesa significa "trono". Tamén se escribe gorsedh en Cornualla e goursez na Bretaña. Cando o termo se usa sen cualificación, adoita referirse ao Gorsedd Cymru, de Gales. Porén, existen outros gorseddau, como o córnico Gorsedh Kernow, o bretón Goursez Vreizh e Gorsedd e Wladfa, no asentamento galés na Patagonia.E. Wyn James, 'Identity, Immigration, and Assimilation: The Case of the Welsh Settlement in Patagonia', Transactions of the Honourable Society of Cymmrodorion, 24 (2018), 76-87. ISSN 0959-3632.
Finalidade miniatura|250x250px|Señora de Cornualla e mozas das flores no Gorsedh Kernow de 2007 (Penzance). Gorseddau existe para promover a creación de poesía e música.Hanes Gorsedd y Beirdd Geraint & Zonia Bowen; Barddas 1991 Como parte disto, a súa actividade máis visíbel pódese ver no Eisteddfod.
Historia miniatura|250x250px| Goursez Vreizh (o Gorsedd da Bretaña) en 1906 Gorsedd Cymru foi fundado orixinalmente como Gorsedd Beirdd Ynys Prydain en 1792 por Edward Williams, coñecido como Iolo Morganwg, quen tamén inventou gran parte do seu ritual, supostamente baseado nas actividades dos antigos druidas celtas. Hoxe, gran parte do seu ritual ten influencia cristiá, e Cynan (máis tarde Archdruid). O Gorsedd fixo a súa primeira aparición nun Eisteddfod no Ivy Bush Inn en Carmarthen en 1819, e mantívose a súa estreita asociación co Festival. É unha asociación de poetas, escritores, músicos, artistas e persoas que fixeron unha contribución significativa e distinguida á lingua, á literatura e á cultura galesas.
A orixe ficticia destas cerimonias foi establecida polo profesor GJ Williams en obras sobre Iolo Morganwg.Traddodiad Llenyddol Morgannwg, 1948
Simboloxía dereita|miniatura|150x150px| Símbolo de Gorsedd, o Awen . O símbolo que se adoita usar para representar un Gorsedd é unha liña tripla, a liña media en posición vertical e as dúas exteriores inclinadas cara á parte superior do centro, así: /|\.The Barddas of Iolo Morganwg, Vol I – The Sacred Symbol Este símbolo, chamado " awen ", explícase a miúdo como representando o sol. A palabra "awen" significa "musa" en galés.
Na Galiza Manuel Murguía foi o primeiro autor galego que mencionou o Gorsedd. O celtismo galego reclamara dende as páxinas de A Nosa Terra e de Nós que Galiza tivese representación no Gorsedd de Gales ou a Bretaña. Vicente Risco foi quen mellor o coñeceu e quen propuxo crear unha institución galega inspirada en parte no Gorsedd, na súa obra Doutrina e ritual da Moi Nobre Galega Orde do Sancto Graal.
En 1899 o diario El Eco de Santiago publicou unha descrición no artigo Las fiestas celticas de Cardiff. Los últimos druídas. No século XX houbo participación musical galega no Eisteddfod, e tamén no XXI, e en 2007 por primeira vez a lingua galega tivo presenza no festival.
En 2020 a directora do Centro de Estudos Galegos en Gales da Universidade Bangor, Helena Miguélez-Carballeira, foi aceptada no Gorsedd Beirdd Ynys Prydain.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bardo Xograr Druída Oireachtas na Gaeilge Mòd
Categoría:Cultura celta Categoría:Cultura de Gales