María Teresa Arredondo Waldmeyer, nada no século XX, é unha enxeñeira arxentina que destaca no ámbito internacional grazas aos seus traballos de investigación e pola súa innovación no campo das TIC aplicadas á saúde e á inclusión social. Foi a primeira enxeñeira electrónica da Universidade Nacional de Tucumán, na Arxentina, ademais da primeira muller catedrática en España no ámbito da Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Madrid (UPM). Actualmente está adscrita ao Departamento de Tecnoloxía Fotónica e Bioenxeñaría da UPM, onde imparte as súas clases de bioenxeñaría.
Traxectoria Licenciouse como Enxeñeira Electricista con Orientación Electrónica pola Universidade Nacional de Tucumán na Arxentina no ano 1976. En 1982, finalizou na Universidade Tecnolóxica Nacional da Arxentina os seus estudos de Máster Especialista en Hixiene e Seguridade no Traballo. É doutora en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Valencia dende 1988, pola á súa tese doutoral "Especificaciones de diseño instrumental en defibrilacion automatica externa: repercusion de los mecanismos asociados a la resucitacion".
Realiza unha investigación en múltiples disciplinas sobre as interaccións entre os sistemas vivos e sistemas artificiais para o modelaxe, deseño e implementación de contornas da intelixencia ambiental dirixidos á súa aplicación no campo da Saúde e dos Servizos Sociais. Para iso, deseña e desenvolve plataformas integradas intelixentes multimedia e multiformato para pacientes e profesionais, á vez que investiga en contornas e produtos que respondan á filosofía de "Deseño para todos".
Dende 2002 dirixe o Grupo de Investigación en Tecnoloxías de Apoio á Vida (Life Supporting Technologies) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM).
Premios e recoñecementos É membro de múltiples asociacións como da Sociedade Arxentina de Bioenxeñaría SABI, da Asociación Arxentina de Luminotecnia, da New York Academy of Sciences, da American Telemedicine Asociation ATA (Estados Unidos), e do Foro Independent Living da Unión Europea ademais de vicepresidenta da Sociedade Española de Telemedicina SET. Ata 1992 foi membro da Comisión Directiva da Asociación Española de Enxeñaría Biomédica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
+Investigadores MI+D: MARÍA TERESA ARREDONDO WALDMEYER. Vídeo.
Categoría:Nados no século XX Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Enxeñeiros da Arxentina Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Personalidades sen imaxes