miniatura|250px|Nadando sobre un fondo de pedras e gravas miniatura|250px|Espécime xuvenil miniatura|250px|Na man dun pescador miniatura|250px|No escudo da cidade de Aš (Chequia)
Thymallus thymallus é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos timalinos e do seu único xénero, Thymallus,Thymallus thymallus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 10 de marzo de 2022.Thymallus thymallus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 10 de marzo de 2022. do que é a súa especie tipo.
Propia de Europa, onde está moi estendida, agás no sur deste continente, a súa área de dispersión chega até o occidente de Siberia.
Figura no Apéndice III da Convención de Berna.Thymallus thymallus en FishBase.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo thymallus.
Etimoloxía Ver timalinos.
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Salmo punctatus Gronow, 1854 Salmo striatus Reisinger, 1830 Salmo thymallus Linnaeus, 1758 (protónimo) Salmo thymus Bonnaterre, 1788 Thymallus decorus Koch, 1840 Thymallus eliani Valenciennes, 1848 Thymallus gymnogaster Valenciennes, 1848 Thymallus gymnothorax Valenciennes, 1848 Thymallus thymallus kamensis Lukash, 1929 Thymallus thymallus lacustris Balon, 1962 Thymallus umbrosa Gistel, 1848 Thymallus vexillifer Fitzinger, 1832 Thymallus vexillifer Perty, 1832 Thymallus vulgaris Nilsson, 1832
Características A súa lonxitude máxima normal é duns 30 cm, aínda que se describiu un exemplar que alcanzou os 60 cm. Na alta e ampla aleta dorsal que o caracteriza ten de 5 a 8 espiñas, mentres que na aleta anal ten de 3 a 4 espiñas,Kottelat, M. (1997) sendo esta a principal característica que o diferencia do tímalo ártico (Thymallus arcticus).
Hábitat e distribución Hábitat Thymallus thymallus, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como tímalo común, ou europeo, é un peixe non migratorio, bentopeláxico de augas doces e salobres cun pH entre 7,0 e 7,5, que vive en augas a profundidades de até uns 15 m,Billard, R. (1997): Les poissons d'eau douce des rivières de France. Identification, inventaire et répartition des 83 espèces. Lausanne: Delachaux & Niestlé. ISBN 978-2-6030-1046-4. e que encontra as condicións de vida ideais nas correntes rápidas dos ríos, en fondos cubertos de area e grava e entre a sucesión de sectores de augas tranquilas e turbulentas; tamén pode encontrarse en lagos e, excepcionalmente, en augas salobres do mar Báltico.Muus, Bent J. et al. (1970).
Distribución Thymallus thymallus habita nas concas dos mares atlánticos Báltico, Branco, do Norte, Caspio e Negro, até a dos ríos Loira e o Ródano; en Rusia, chega até a conca do río Obi, no mar de Barents.Freyhof, J. (2011): Thymallus thymallus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 10 de marzo de 2022.
Foi introducido na maior parte do sur e centro de Finlandia e nas concas dos ríos Po (Italia) e do Islonzo ou Soča (Italia e Eslovenia).
Bioloxía Remonta os ríos de alta montaña até zonas con leitos de area grosa o pedras para desovar, con augas ben oxixenadas,4 frías e con corrente rápida. En Escandinavia adoita vivir en lagos de augas claras e algunhas poboacións son semianádromas, descendendo os adultos até o mar Báltico, aínda que isto é unha rareza e o normal é que sexa un peixe de auga dulce non migrador, que busca as augas de máis de 15 m de profundidade.
É unha especie gregaria que vive en cardumes,Spillman, C.-J. (1961): Faune de France: Poissons d'eau douce. París: Fédération Française des Sociétés Naturelles, Tome 65. ISBN 3-6189-4534-5. non migratoria, alimentándose fundamentalmente de insectos,Vostradovský, Jiří (1973): Freshwater fishes. Londres: The Hamlyn Publishing Group Limited. ISBN 978-0-6003-3476-7. ninfas, pequenos vermes e crustáceos. Na idade adulta adoita converterse nun animal omnívoro, de forma que, ademais de invertebrados tamén consome materia orgánica vexetal.
É presa de grandes peixes, incluído o Huso huso.
É unha especie moi sensíbel á polución, polo que a súa poboación diminúe en ríos contaminados.
Importancia para o home Desde a antigüidade esta especie foi unha importante fonte de alimento nalgunhas comunidades rurais de Europa, polo que aparece en numerosos escudos ou bandeiras de cidades europeas; a súa pesca é polo tanto comercial, e tamén a súa acuicultura, sendo o seu prezo alto no mercado.
A pesca deportiva tamén busca moito esta especie, puidéndose pescar tanto con carnada natural de larvas de insectos como pescado con mosca.
Ameazas Non se coñecen ameazas importantes e xeneralizadas, pero a nivel rexional sofre a contaminación dos ríos, a construción de encoros e a regulación dos ríos. Na súa área de distribución sur é cada vez máis vulnerábel ao cambio climático. Localmente é susceptíbel a grandes poboacións de aves depredadoras.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que é unha especie moi estendida e que non se coñecen grandes ameazas xeneralizadas, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Knizhin, I. B., Weiss, S. J. & Susnik, S. (2006): "Graylings of Baikal Lake basin (Thymallus, Thymallidae): diversity of forms and their taxonomic status". Voprosy Ikhtiologii 46: 442-459. Kottelat, M. (1997): "European freshwater fishes". Biologia 52, Suppl. 5: 1-271. Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World, 4ª edición. Nova York: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4712-5031-9.
Outros artigos Salmónidos Timalinos Thymallus
Ligazóns externas Grayling na Encyclopædia Britannica, 1911, Vol. 12.
Categoría:Salmónidos