O Shenyang J-16 (chinés: 歼-16) é un caza multirrol de ataque chinés bimotorBronk 2020, p 38 desenvolvido a partir do Shenyang J-11 (que á súa vez derivaba do Sukhoi Su-27) e fabricado por Shenyang Aircraft Corporation. Está operado pola Forza Aérea do Exército Popular de Liberación.

Deseño e desenvolvemento Nos anos 90 China mercou cazas de superioridade aérea Sukhoi Su-27 a Rusia, incluídos os producidos baixo licenza como Shenyang J-11A.Bronk 2020, p 37 O J-11A foi desenvolvido posteriormente nas variantes monopraza J-11B e bipraza BS con tecnoloxía indíxena. O J-16 é un avión de ataque derivado do modelo J-11BS.

O J-16 está equipado cun radar AESA e está impulsado por dous motores turboventilador chineses Shenyang WS-10A. O seu peso reduciuse grazas ao uso de materiais compostos. Os J-16 recibiron pintura absorbente de radar para reducir a súa sinatura radar, e mellorar a súa capacidade de Supresión de Defensas Aéreas Inimigas (SEAD) xunto con cápsulas con medidas de soporte electrónico.

A versión de guerra electrónica do caza, chamada J-16D, desenvolveuse nos anos 2010. O avión supostamente realizou o seu primeiro voo en 2015. O J-16D está deseñado para suprimir as defensas aéreas inimigas (SEAD), é capaz de albergar equipo interno de interferencias e transportar varias cápsulas externas de guerra electrónica.

Segundo o investigador Justin Bronk do Royal United Services Institute, o J-16 ten vantaxes sobre as variantes rusas do Flanker pola súa ampla aplicación de materiais compostos, os seus mísiles de maior alcance, sensores avanzados e aviónica. O J-16 representa o paso da industria aeronáutica chinesa de depender de tenoloxía soviética a desenvolver derivados modernos que son superiores aos rusos en moitos aspectos.

Os militares chineses están desenvolvendo capacidades autónomas avanzadas para os seus avións de combate. En marzo de 2021 informouse que unha variante do J-16 co asento traseiro substituído por un algoritmo de intelixencia artificial chamado "vitoria de inteixencia" (chinés: 智胜; pinyin: Zhì shèng) estaba sendo probado por Shenyang Aircraft Corporation. Un avión semellante foi visto nunha imaxe de satélite na base experimental preto de Malan, Xinjiang, en xuño de 2021.

Notas

Bibliografía

Categoría:Aeronaves de Shenyang Categoría:Cazas Categoría:Cazas a reacción de cuarta xeración