miniatura|200px|Curso do Soča / Isonzo

O río Isonzo (en italiano) (Lusinç en friulano), Soča en esloveno, Sontig en alemán, Aesontius ou Isontius en latín)Richard J. A. Talbert, ed. (2000): Barrington Atlas of the Greek and Roman World: Map-By-Map Directory. Vol. I. Princeton, Nova Jersey e Oxford, UK: Princeton University Press. p. 273. ISBN 0-6910-4945-9. é un río de 140 km de lonxitude que flúe a través de Eslovenia occidental e desemboca no nordeste de Italia.

Características É un característico río alpino, cuxa fonte está situada a 1 100 m de altitude,Reke, dolge nad 25 km, in njihova padavinska območja (Ríos, de máis de 25 km, e as súas zonas de desaugue) . Oficina de Estatística da República de Eslovenia. nos Alpes Xulianos, ao oeste do monte Triglav, o pico máis alto de Eslovenia.

Despois de atravesar dito monte, seu curso diríxese ao sur, percorrendo as localidades de Bovec, Kobarid, Tolmin, Nova Gorica e Gorizia, para, finalmente, desembocar no mar Adriático, cerca da cidade italiana de Monfalcone. Así, o Soča percorre 99 km en Eslovenia e 41 km en Italia.

O curso actual do río é o resultado de varios imoportantes cambios que se produciron durante os últimos 2 000 anos. Segundo o historiador romano Estrabón, o río chamado Aesontius, na época romana pasaba por Aquileia ata o mar Adriático, era esencialmente o sistema fluvial do Natisone e o Torre.Estrabón, Xeografía, Vol. V, Capítulo 1. En 585, un corremento de terras cortou a parte superior do leito do río Natisone, provocando a súa posterior captura polo río Bontius. A descarga subterránea orixinal do Bontius no Timavo quedou obstruída, e outra avulsión devolveu o novo curso de auga ao leito do baixo Natisone.

Durante os séculos seguintes, o estuario deste novo río, o Soča, desprazouse cara ao leste até captar o curto río costeiro Sdobba, polo que agora o Isonzo desemboca no mar Adriático. A antiga ría (do Aesontius, e o primeiro Isonzo) na recentemente formada lagoa de Grado converteuse nun regato costeiro independente.Brockhaus' Konversations-Lexikon. 14th ed., Leipzig, Berlin e Viena, 1894; Vol. 9, p. 727.

Batallas no val do Isonzo O val do Isonzo, ou val do Soča foi o escenario dunha das maiores operacións bélicas da primeira guerra mundial, entre maio de 1915 e novembro de 1917.

Nese período sucedéronse as doce batallas do Isonzo na fronte italiana, na que máis de 300 000 soldados italianos e austro-húngaros perderon a vida.FirstWorldWar.Com The Battles of the Isonzo, 1915-17.Véxase tamén John R. Schindler (2001): Isonzo: The Forgotten Sacrifice of the Great War. ISBN 978-0-2759-7204-2.

Deporte Adoitan realizarse carreiras en caiac río abaixo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ríos de Eslovenia Categoría:Ríos de Italia