A dimetilhidracina asimétrica, tamén coñecida como UDMH e 1,1-dimetilhidracina, é un composto químico líquido incoloro a temperatura e presión ambiente, irritante, corrosivo, inflamable e con olor a amoníaco. Ten como fórmula H2NN(CH3)2 e úsase como propelente para foguetes espaciais. As mostras de UDMH vólvense amarelas ao ser expostas ao aire, absorbendo osíxeno e dióxido de carbono. É misturable con auga, etanol e queroseno. En concentracións de entre o 2,5% e o 95% os seus vapores son inflamables. Non é sensible aos impactos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Monometilhidracina Hidracina

Categoría:Compostos químicos Categoría:Propelentes