miniatura|240px|Exemplares de S. nelma pescados a través dun burato practicado no xeo Stenodus é un xénero de peixes osteíctios da familia dos salmónidos, un dos tres comprendidos na subfamilia dos coregoninos. Stenodus Richardson, 1836 no WoRMS. Consultado o 14 de marzo de 2022.Stenodus Richardson, 1836 no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2022.Stenodus Richardson, 1836 na BioLib. Consultada o 14 de marzo de 2022.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1836 polo explorador, médico cirurxián, militar e naturalista escocés John Richardson, e publicado en: Richardson. J. "Fishes". En Back, G. Narrative of the Arctic land expedition to the mouth of the Great Fish River, and along the shores of the Arctic Ocean in the years 1833, 1834, and 1835. Londres. 1-663.
Etimoloxía O nome científico Stenodus está formado pola unión dos elementos do latín científico sten- e -odus, tirados do grego antigo στενός stenós, "estreito", e ὀδούς, odoús, "dente", respectivamente.Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid. Literalmente, "os de dentes estreitos".
Sinónimo Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Luciotrutta Günther, 1866
Especies O xénero comprende tan só dúas especies: Stenodus leucichthys (Güldenstädt, 1772) - Extinto na natureza, pero aínda presente en catividade.Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008): Stenodus leucichthys na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 14 de marzo de 2022. Stenodus nelma (Pallas, 1773) - Que vive nos ríos da conca ártica.
Nota etimolóxica Até datas recentes considerábase un xénero monoespecífico con dúas subespecies, pero recentemente considéranse as dúas especies citadas.
Características Son peixes dulciacuícolas que habitan en ríos que desembocan no océano Ártico e en ríos tributarios do mar Caspio.
Anatomica e xeneticamente son silimares aos outros corégonos, pero de corpo máis esvelto.Booke, H. E. (1975): "Cytotaxonomy of the salmonid fish Stenodon leucichthys". J. Fish. Res. Board Can. 32: 295-296.Evermann, B. W. & E. L. Goldsborough (1907): "The fishes of Alaska". Bull. U.S. Bur. Fish. 26 : 219-360.
As especies do xénero Stenodus distínguese dos outros corégonos polo seu moito maior tamaño e a súa morfoloxía, especializada na depredación.<ref>Bernatchez, L., Colombani, F. & Dodson, J. J. (1991): "Phylogenetic relationships among the subfamily Coregoninae as revealed by mitochondrial DNA restriction analysis". Journal of Fish Biology. Wiley-Blackwell Publishing 39: 283–290.</ref>Campbell, M. A., Buser, T. J., Alfaro, M. E. & López, J. A. (2020): "Addressing incomplete lineage sorting and paralogy in the inference of uncertain salmonid phylogenetic relationships". PeerJ. 8: e9389.
Relacións co home Son especies de escasa pesca comercial, pero que presentan un gran potencial para o seu potencial cultivo en acuicultura, e teñen un grande interese na pesca deportiva.Teletchea, F.; A. Fostier, E. Kamler, J-N. Gardeur, P-Y. Le Bail, B. Jalabert & P. Fontaine (2009): "Comparative analysis of reproductive traits in 65 freshwater fish species: application to the domestication of new fish species". Rev. Fish Biol. 19: 403-430.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology. Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2013): Epecies de Stenodus en FishBase. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World''. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7, pp. 69–82.
Outros artigos Salmónidos Coregoninos
Categoría:Salmónidos