José Marcote Suárez, nado en Fisterra o 28 de marzo de 1961, é un político e profesor galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciado en Náutica pola Universidade da Coruña, foi xefe de máquinas, profesor naval e director da Escola Náutica de Ribeira. É concelleiro en Fisterra polo PSdeG-PSOE dende as municipais de 2007, nas que foi o número 2 da candidatura. En setembro de 2009, trala renuncia de Juan Boullosa Marcote, foi designado portavoz socialista no concello. Foi candidato á alcaldía nas municipais de 2011 conseguindo mellorar os resultados de 2007 e acurtando as distancias co PPdeG, pero sen que este perdese a maioría absoluta. Aínda así, socialistas e nacionalistas, sumaron máis votos que o PPdeG, mantendo este último a maioría por unha estreita marxe de votos, o cal sumado distintas irregularidades observadas polas forzas da oposición levou a que se recorresen os resultados, se ben finalmente se desestimaron ditos recursos.
Nas municipais de 2015 conseguiu empatar a 4 concelleiros co PPdeG, os cales sumados ós 2 do BNG lle deron a alcaldía, conformando un goberno bipartito. Nas municipais de 2019 consegue mellorar os seus resultados, quedando incluso a poucos votos de ser a forza máis votada, polo que puido manter a alcaldía e o goberno co BNG. Dende febreiro de 2022 forma parte da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como secretario de turismo.
Nas municipais de 2023 pasou de 4 a 2 concelleiros e perdeu a alcaldía en favor da candidata de Alternativa dos Veciños Áurea Domínguez, quen irrompeu con 3 concelleiros e recibiu o apoio de socialistas e nacionalistas na investidura.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Fisterra
Ligazóns externas Juan Boullosa dimitirá el martes como concejal socialista en Fisterra El Superior rechaza los recursos electorales de Carballo y Fisterra PSOE y BNG cierran el acuerdo para gobernar en Fisterra Entrevista
Categoría:Alcaldes de Fisterra Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes