A Antoloxía grega (en latín Anthologia Graeca e en grego Ἀνθολογία Ἑλληνική) é o nome dado actualmente ao compendio de epigramas grecolatinos e bizantinos, escritos en grego, e provenientes das dúas coleccións máis importantes destes actualmente conservadas: a Antoloxía Palatina, e a Antoloxía Planúdea.
Composición Desde, como mínimo, o século -VI, popularizouse a poesía epigramática grega, é dicir, a destinada a acompañar calquera obra pétrea (edificios, estatuas, lápidas funerarias, estelas...). A súa dispersión xeográfica fixo que, nun momento dado, alguén se propuxese recompilalas, se non todas, polo menos as de maior arte poética. Naceu así a Antoloxía, nome xenérico que, no século -II, se lle deu á primeira obra literaria compiladora de epigramas en grego da que temos coñecemento: A grilanda (ou coroa) de flores de Meleagro de Gádara.
Posteriormente a esta obra, foron varias as Antoloxías, que se seguiron escribindo até a Idade Media, cando se compuxeron as dúas únicas que hoxe día sobreviven (a Antoloxía Palatina e a Antoloxía Planúdea), receptoras dos epigramas compilados até a súa época. Ambas compartían gran cantidade de material, sendo a Palatina máis extensa que a Planúdea. Dese modo, utilizouse a primeira como base sobre a que engadir unicamente aqueles poemas da segunda que non figuraban, cuxo resultado é a que deu en chamarse actualmente Antoloxía grega.
Para a súa ordenación, dividiuse en dezaseis libros, os quince primeiros serían propiamente a Antoloxía Palatina, respectando mesmo os seus títulos, e o décimo sexto comporíano todos aqueles poemas que aparecían na Antoloxía Planúdea pero non na Palatina (esta forma de ordenación fai que exista unha enorme confusión entre Antoloxía Palatina e Antoloxía grega). Historia A Coroa de Meleagro Aínda que se atoparon papiros en Exipto que conteñen fragmentos de coleccións de poesía, a antoloxía epigramática grega máis antiga coñecida foi compilada por Meleagro de Gádara no século -II, baixo o título Ἀνθολογία (literalmente, Flores seleccionadas), que se conveu titulala modernamente, A grilanda (ou coroa) de flores. Contiña, ademais dos poemas do propio compilador, poemas de corenta e seis autores máis, entre eles, Alceo de Mitilene, Éveno de Paros, Anacreonte ou Simónides de Ceos. No prefacio da colección, Meleagro compara, con moita delicadeza, a orde dos poemas ás flores dunha grilanda unidas polos seus talos, imaxe que pasou á posteridade coa palabra "Antoloxía" como sinónimo de colección de obras literarias destinadas a futuras xeracións. As antoloxías posteriores A Ἀνθολογία de Meleagro tivo tanto éxito, que se incrementou con novos poemas desde a antigüidade. Os prefacios das edicións de Filipo de Tesalónica, Dioxeniano e Agatías o Escolástico, así o demostran (cada unha, aínda que eran obras independentes, ademais de conter varios dos poemas seleccionados por Meleagro, incorporaban os propios dos seus compiladores e outros máis dos seus gustos). A Antoloxía Palatina A partir do material compilado nunha antoloxía que reunía todas as anteriores (ou a partir de cada unha delas), compúxose a edición de Constantino Céfalas no século X: a chamada Antoloxía Palatina. O seu compilador agregou novas coleccións ao compendio: versos homoeróticos recolleitos por Estratón de Sardes no século II, unha colección de epigramas cristiáns atopados en igrexas, unha colección de epigramas satíricos e de banquetes, debidos á pluma de Dioxeniano, a descrición de Cristodoro das estatuas do ximnasio bizantino de Zeuxipo e unha colección de inscricións albergadas no templo de Cícico. A Antoloxía de Planudes
miniatura|dereita|Exemplar do museo Británico da edición clásica da Antoloxía grega en 5 tomos de Van Bosch e Van Lennep (comezada en 1795 por Bosch, terminada e publicada en 1822 por Lennep). Con abundantes ilustracións, consta da tradución en versos latinos levada a cabo por Grotius da edición de Maximus Planudes da Antoloxía. Recolle a edición grega defectuosa de Wechel (1600), que é en si mesma unha continuación da edición planúdea de 1566, escrita por Henri Estienne. O erudito Máximo Planudes realizou a principios do século XIV unha edición da Antoloxía grega, á que, ademais engadiu algunhas obras, eliminou ou modificou varios poemas que non lle parecían auténticos. Esta versión foi a única coñecida no Occidente cristián,A versión autógrafa, datada en 1301, sobreviviu; a primeira edición impresa baseada no texto de Planudes data de 1494. Ata que en 1606 Claude Saumaise descubriu en Heidelberg unha colección máis completa baseada na anterior edición de Céfalas, o manuscrito Codex Palatinus 23. A copia que fixo Saumaise, non tería sido publicada antes de 1776, posto que Richard François Philippe Brunck a anexou aos seus Analecta. A primeira edición crítica débese a F. Jacobs (13 vol. 1794-1803; revisada en 1813-17). Foi difundida en toda Europa. Un crítico do Times Literary Supplement, ao comentar en 1971 a tradución parcial de Robin Skelton da Antoloxía, deixou escrito: Pódese detectar a influencia desta colección sobre autores tan diferentes como Propercio, Ezra Pound e Edgar Lee Masters. A súa influencia acrecentouse coa publicación da súa tradución sen censuras no século XX.
Estilo Os poemas desta antoloxía proveñen de diversas épocas. Pódese distinguir catro períodos: O período grego propiamente dito, do cal Simónides de Ceos (-556 - -469) é un destacado representante, cun bo número de inscricións funerarias para os soldados caídos durante as Guerras médicas. Case todas as obras desta época son inscricións reais ou versos dedicados a persoas reais, vivas ou mortas. O epigrama desenvolveuse moito no período alexandrino. Nesta época, o seu sentido ampliouse para incluír anécdotas, sátiras e poemas amorosos. Calímaco de Cirene é unha figura representativa deste período. No imperio romano, nunha época tardía, desenvolveuse outro xénero: a sátira. Lucilio, que escribiu durante o reinado de Nerón, e Luciano de Samosata, que mostran gran talento para os epigramas mordaces e cáusticos. Palladas, un gramático de Alexandría do século IV é o último representante do epigrama clásico. Nos seus versos, preséntase cunha oposición desesperada fronte ao cristianismo. O cuarto período consiste en epigramas escritos durante o reinado do emperador Xustiniano. O estilo é preciso, como o manifesta a pluma de Agatías. Lista alfabética de autores
Ablabio, o Ilustre Acerato, o Gramático Adeo de Macedonia Adeo de Mitilene Agatías, o Escolástico Alceo de Mesene Alceo de Mitilene Alexandre de Etolia Alexandre de Magnesia Alfeo de Mitilene Amiano Amónidas Amonio Anacreonte de Teos Anastasio Traulo Andrónico Ánite de Texea Antágoras de Rodas Antífanes de Macedonia Antífanes de Megalópole Antífilo de Bizancio Antígono de Caristo Antímaco Antíoco Antípatro de Sidón Antípatro de Tesalónica (ou de Macedonia) Antistio Antonio de Argos Apolinario Apolónides de Esmirna Apolonio, o Gramático Arabio, o Escolástico Arato de Solos Aretas, o Diácono Aristódico de Rodas Aristón de Salamina Arquelao de Exipto Arquias de Antioquía Arquias de Bizancio Arquias de Mitilene Arquias, o Novo Arquíloco de Paros Arquímedes Artemidoro de Tarso Artemón de Cícico Arxentario Asclepíades de Adramitio Asclepíades de Samos Ateneo Automedonte de Etolia (ou Antimedonte de Cícico) Axis de Argos Baquílides de Ceos Baso de Esmirna Besantino Bianor de Bitinia Boeto, o Elexiógrafo Calías de Argos Calictro, "o Adivino" Calímaco de Cirene Capitón Carfílides (ou Carpílides) Cerealio Ciláctor Cilenio Cirilo Ciro de Panópole Claudiano Cleóbulo de Lindo Cometas, o Cartulario Cometas, o Escolástico Constantino Céfalas Constantino de Rodas Constantino de Sicilia Cosmas Crates de Tebas Crinágoras de Mitilene Cristodoro de Coptos Cuadrato Damascio, o Filósofo Damaxeto do Peloponeso Damócaris, o Gramático Damóstrato Demetrio de Bitinia Demiurgo Demócrito de Trecene Demódoco de Leros Dífilo de Sinope Diocles de Caristo Diodoro de Sardes Diodoro de Tarso Diodoro, o Gramático Diófanes de Mirina Dionisio de Andros Dionisio de Cícico Dionisio de Rodas Dionisio, o Sofista Dioscórides de Nicópole Diótimo de Adramitio Diótimo de Atenas Diótimo de Mileto Dióxenes de Amiso Dióxenes Laercio Dosiadas de Rodas Duris de Elea Emiliano de Nicea Empédocles Enomao Epígono de Nicea (ou de Tesalónica) Eratóstenes, o Escolástico Ericio de Cícico (ou de Tesalia) Erina de Telos Escévola Escitino de Teos Esopo Espeusipo de Mirrinunte (ou de Atenas) Esquilo Esquines de Mileto Estacilio Flaco Estéfano, o Gramático Estratón de Sardes Etrusco de Mesene Euforión de Calcis Eupitio de Atenas Eurípides Eutolmio, o Escolástico (ou o Ilustre) Euxenes Éveno de Ascalón Éveno de Atenas Éveno de Paros Évodo Faleco de Fócide Fanias Fédimo (poeta) Feno Filemón de Solos (ou de Siracusa) Filetas de Samos Filipo de Tesalónica Filipo de Macedonia Filisco Filodemo de Gádara Filón de Alexandría Filóstrato de Atenas Filoxeno de Léucade Focas, o Diácono Focílides de Mileto Focio de Constantinopla Frontón de Emisa Gabriel, o Prefecto Galo Gauradas Glauco de Atenas Glauco de Nicópole Glicón Gregorio Nacianceno Hadriano (emperador romano) Hecateo de Tasos Hédilo de Samos Heladio Heliodoro Heráclides de Sinope Heráclito de Halicarnaso Hermocreonte Hermodoro Heródico de Babilonia Hexemón de Alexandría Hexesipo Homero Honesto de Corinto (ou de Bizancio) Ignacio, o Mestre (de Gramática) Ión de Samos Ireneu, o Árbitro Isidoro de Egas Isidoro, o Escolástico Lacón Láureas León, o Filósofo Leoncio, o Escolástico Leónidas de Alexandría Leónidas de Tarento Libanio de Antioquía Lisístrato, o Adiviño Longo Luciano de Samósata Lucilio Macedonio de Tesalónica Macedonio, o Cónsul Magno, o Médico Mariano, o Escolástico Marino de Neápole Mecio (ou Macio) Meleagro de Gádara Menandro de Atenas Menandro, o Protector Menécrates de Samos (ou de Esmirna) Mero de Bizancio (ou Miro de Bizancio) Mesómedes Metrodoro Miguel, o Arquiveiro (ou o Gramático) Mimnermo de Colofón Mirino Mnasalcas de Sición Mosco de Siracusa Munacio Musicio Néstor de Laranda (ou de Nicea) Nicandro de Colofón Nicarco de Alexandría Nicéneto de Samos Nicias de Mileto Nicodemo de Heraclea Nicómaco Nilo, o Escolástico Nóside de Locris Numenio de Tarso Paladas de Alexandría Páncrates Pánfilo de Alexandría Panteleo Parmenión de Macedonia Patricio Paulo, o Silenciario Perses de Tebas (ou Perses de Macedonia) Pinito Pisandro de Rodas Pisón Pítaco de Mitilene Pitágoras de Samos Platón, o Novo Platón de Atenas Polemón Poliano Polieno de Sardes Polieno Polístrato de Letópole Pompeio Macro (ou Mácer), o Novo Posidipo de Pela Praxíteles Queremón Raro Riano de Creta Rufino, o Doméstico Sabino, o Gramático Safo de Mitilene Samo Sátiro Segundo de Tarento Serapión de Alexandría Simias de Rodas Simónides de Ceos Sinesio, o Escolástico Sinesio, o Filósofo Sócrates Sofronio de Damas Talo de Mileto Teéteto, o Escolástico Teéteto Teócrito de Cos (ou de Quíos) Teodoreto, o Gramático Teodóridas de Siracusa Teodoro Teófanes, o Confesor Teón de Alexandría Teosebia Tiberio, o Ilustre Tiilo Timnes Timocles Timocreonte de Rodas Timón de Atenas Tolomeo Tomé, o Escolástico Traxano (emperador romano) Trifón Troilo, o Gramático Tucídides de Atenas Xémino Xenócrates Xenócrito de Rodas Xenófanes Xermánico Xetúlico Xoán Barbucalo Xuliano, o Antecesor Xuliano, o Escolástico Xuliano, o Exipcio Xuliano, o Apóstata (emperador romano) Zeloto Zenobio, o Gramático Zenódoto de Éfeso Zósimo de Tasos
Notas
Véxase tamén Bibliografía Edicións antigas dixitalizadas: