José María Castaño Priegue, nado en Padrón o 27 de xuño de 1912 e finado na Coruña en abril de 1993, foi un mestre, avogado e político galego.
Traxectoria Veciño de Pontecesures. Mestre en Vilagarcía de Arousa dende 1933, aprobou as oposicións ese ano,El Ideal Gallego, 15-10-1933, p. 6. e ao ano seguinte foi nomeado mestre titular da escola nº 2 de Vilagarcía, e despois foi mestre de Vilaxoán. Militante socialista, participou nas reunións da Federación Provincial representando á agrupación de Vilagarcía. Poeta, colaborou en Nós onde publicou o poema "A barca". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado, sendo separado definitivamente do servizo en 1941.El Noticiero Gallego, 11-11-1941, p. 2. Despois foi mestre no Colexio León XIII. Foi nomeado xuíz de distrito de Betanzos en 1981,La Voz de Galicia, 5-7-1981, p. 34. xubilándose ao ano seguinte.BOE, nº 152, 26-6-1982, p. 17623. Finou na Coruña en abril de 1993.La Voz de Galicia, 23-4-1993, p. 42.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1993