Cottbus en alemán e Chóśebuz en baixo sorbio, oficialmente Cottbus/Chóśebuz é unha cidade no leste de Alemaña. É, despois da capital estatal Potsdam, a segunda cidade maior de Brandeburgo. Xunto á cidade de Brandeburgo, Frankfurt do Oder e Potsdam, é un do catro centros administrativos (Oberzentrum) do Estado federal de Brandeburgo e ten o status de cidade libre (Kreisfreie Stadt).

Historia

Idade Media O asentamento estableceuse no século X, cando os sorbios erixiron un castelo nunha illa areosa no río Spree. A primeIra mención rexistrada do nome foi en 1156. As fontes históricas sinalan que Cottbus puido obter os dereitos de cidade nalgún momento comprendido entre 1216 e 1225.Heinrich Gottfried Gengler (1863). Regesten und Urkunden zur Verfassungs-und Rechtsgeschichte der deutschen Städte im Mittelalter. Erlangen, pp. 658–661 No século XIII os colonos alemáns da Ostsiedlung chegaron á cidade e viviron xunta os sorbios. No século XV Cottbus era coñecido pola lan e os tecidos que se exportaban a todo Brandeburgo, Bohemia e Saxonia.

Idade Moderna En 1514 Jan Rak fundou a Universitas Serborum na cidade. En 1701 comezou a formar parte do Reino de Prusia. Tamén foi gobernada por Saxonia entre 1807 e 1813 e en 1871 pasou a ser parte do Imperio alemán.

Século XX Segundo o censo prusiano de 1905, a cidade de Cottbus, daquela de menor extensión, tiña unha poboación de 46.270 habitantes, dos cales o 97% eran alemáns, o 2% sorbios e o 1% polacos.

Na Alemaña de entreguerras, a cidade foi o lugar dun campo de concentración para inmigrantes xudeus non desexados da Europa Oriental.

En Cottbus naceu Paul Winzer, oficial nazi que durante a guerra civil española foi xefe da Gestapo en España e supervisou o campo de concentración de Miranda de Ebro, que fora construído polos sublevados a imaxe dos campos alemáns. Algúns autores sinalan a Winzer como un dos deseñadores da estrutura do campo, mentres que outros o sinalan como o deseñador de todo o sistema de campos de concentración franquistas.

Durante a segunda guerra mundial, o 15 de febreiro de 1945 a cidade foi destruída en boa medida tras o ataque de 459 bombardeos estadounidenses Boeing B-17. Despois o territorio foi ocupado polo exército Vermello e pouco despois pasou a integrar a República Democrática Alemá (RDA) até a reunificación alemá en 1990. Durante a época da RDA foi capital do distrito homónimo.

Heinz Chez, nado en Cottbus, foi o último executado con garrote vil en España, xunto a Salvador Puig Antich, en 1974.

Desde 1976, Cottbus ten a categoría de Cidade Grande ao alcanzar máis de 100000 habitantes, perfilándose como centro administrativo, científico e de servizos.

Xeografía

Clima esquerda|180x180px A cidade atópase nunha zona tépeda, a 75 m sobre o nivel do mar. As súas coordenadas xeográficas son 51°46'N e 14°20'E.

A temperatura media anual rolda os 8,9 graos Celsius. O mes máis caloroso é xullo con 18'4 °C. O mes máis frío é xaneiro, con -0,8 °C de temperatura media. A diferenza entre as temperaturas máxima e mínima, coñecida como amplitude, oscila pois uns 19,2 °C.

A precipitación media anual é de 565 milímetros. A maior parte das choivas prodúcense en agosto con 69 milímetros de media; febreiro é o mes coa menor cantidade de choiva cunha media de 30 milímetros. Prodúcense precipitacións durante todo o ano, pero son máis intensas no verán. Por iso o clima é húmido durante todo o ano, polo que pode afirmarse que en Cottbus non hai tempada seca nin tempada de choivas.

Economía Cottbus do mesmo xeito que a maior parte das cidades da ex RDA viviu unha difícil progresión económica desde a reunificación; aínda que a situación mellorou globalmente, algúns indicadores relativos eran máis favorábeis antes da década de 1990. A rexión ostenta historicamente, desde hai séculos até a actualidade, un dos niveis de riqueza máis baixos de Alemaña, a pesar das subvencións do goberno federal e da Unión Europea (UE).

Cultura e educación miniatura|Gymnasium baixo sorbio de Cottbus miniatura|Biblioteca da Universidade Tecnolóxica de Brandenburgo

Cultura sorbia Cottbus é o centro cultural da minoría baixo sorbia. Moitos letreiros da cidade son bilingües, e hai un Gymnasium (escola) e un barrio sorbio, pero a lingua sorbia raramente se fala nas rúas.

Edificios relevantes En Cottbus está o famoso Parque Branitz, creado polo príncipe Hermann von Pückler-Muskau en 1845. O Schloss Branitz (castelo de Branitz) foi reconstruído por Gottfried Semper nun estilo barroco tardío entre 1846 e 1852, en cuxos xardíns puxeron dúas pirámides; unha delas, a Seepyramide, está no medio dun lago artificial e serve de mausoleo.Udo Lauer, Fürst Pücklers Traumpark, Ullstein Verlag, 1996, Berlín

Cottbus tamén alberga a Universidade Tecnolóxica de Brandenburgo (BTU) e o Max-Steenbeck-Gymnasium orientado ás matemáticas e á ciencia, que recibe o nome do físico Max Steenbeck.

Cinema Anualmente Cottbus acolle o Festival Internacional de Cine de Europa Oriental.

Deporte Cottbus ten un equipo de fútbol, o Energie Cottbus, que xoga na Regionalliga Nordost na tempada 2021–2022. Os seus partidos na casa xóganse no Stadion der Freundschaft.

Cidades irmandadas

Grosseto Lípetsk Montreuil (Sena-Saint Denis) Zielona Góra

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Energie Cottbus, equipo de fútbol da cidade.

Categoría:Cidades de Alemaña