miniatura|357x357px| Diploma militar do 13 de xuño de 80 d.C. Cohors II Asturum et Callaecorum [equitata] foi unha unidade auxiliar romana documentada por diplomas militares e selos de tellas (tegula).

Nome

Asturum et Callaecorum:[os] ástures e galaicos. Cando se constituíu a unidade, recrutáronse os soldados entre os pobos ástures e galaicos.

equitata: parcialmente montada. A unidade era unha formación mixta de infantaría e cabalaría. A adición non aparece explicitamente en diploma militar ningún, pero expedíronse dous diplomas militares a xinetes da cohorteJohn Spaul: Cohors² The evidence for and a short history of the auxiliary infantry units of the Imperial Roman Army, British Archaeological Reports 2000, BAR International Series (Book 841), ISBN 978-1841710464, páx. 81.

Non hai evidencia do sufixo milliaria (1000 homes), a unidade era unha cohors equitata. A forza teórica da cohorte era de 600 homes (480 de infantaría e 120 de cabalería), formada por 6 centurias de infantaría, cada un con 80 homes, e 4 turmae de cabalería, cada un con 30 xinetes.

Historia A primeira evidencia da unidade na provincia de Pannonia procede dun diploma militar datado no 80 d.C. O diploma enumera a cohorte como parte das tropas que estaban acantonadas en Panonia. Outros diplomas militares con datas 85, 110, 135, 143, 141/144, 145, 148, 151/160, 157, 159 e 167 sitúan a unidade en Pannonia (ou a partir do 110 coa división da provincia, na de Pannonia Inferior') Jörg Scheuerbrandt: Exercitus. Aufgaben, Organisation und Befehlsstruktur römischer Armeen während der Kaiserzeit. Dissertation, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg im Breisgau 2003/2004, páx. 161, 163 (PDF páx. 163 Tabelle 5, 165 Tabelle 7). Diplomas militares dos anos 80 (), 85 (), 110 (), 135 (RMD-04,251 = ), 141/144 (RMD-04,268 = ), 143 (RMD-04,266 = ), 145 (), 148 (, ), 151/160, 157 (RMD-02,102 = , RMD-02,103 = ), 159 (, ) e 167 ()., porén é posible que perdurase ata finais do século II ou mesmo ata as primeiras décadas do III.

Localizacións Localizacións da cohorte en Pannonia e Pannonia inferior puideron ser:

Ad Militare (Batina): Os achados de tellas co selo COH II AST indican a presenza da cohorte en Ad Militare ou nas súas proximidades . John Spaul refírese a Barnabás Lőrincz para a secuencia de campamentos nos que estaba acantonada a unidade . Ad Statuas : Segundo Zsolt Visy Lugio (Dunaszekcső): Posiblemente a unidade tiña base en Lugio canda a Cohors VII Breucorum. Surduk: Os achados de tellas indican a presenza da cohorte, ou unha parte, en Surduk ou nas súas proximidades .

Integrantes Coñécense os seguintes membros da cohorte:

Comandantes Un comandante da unidade, Granianus, coñécese polo diploma militar do ano 145. Tiña o rango de prefecto.

Outros

Dasentis, un xinete Entis, un xinete

Debate historiográfico

Diploma militar do 7 de agosto de 143 O diploma militar do 7 de agosto de 143, no que aparece a Unidade II Ast(urum) atribúese a diferentes cohortes: Para John Spaul é da Cohors II Asturum et Callaecorum mentres para Jörg Scheuerbrandt é da Cohors II Asturum' .

Diplomas militares do 9 de outubro de 148 Os diplomas militares do 9 de outubro 148, nos que se mencionan a unidade II Nerv(iorum) et Callaec(orum), adscríbense a diferentes cohortes: John Spaul e Margaret M. Roxan asignan os diplomas á Cohors II Asturum et Callaecorum, ao sinalaren un erro na expedición dos diplomas, pola contra Jörg Scheuerbrandt atribúeos á Cohors II Nerviorum et Callaecorum .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cohors I Asturum et Callaecorum

Categoría:Galaicos Categoría:Ástures Categoría:Tropas auxiliares da Roma Antiga