Déixate levar (en ) é un filme estadounidense de 2022 dirixido e escrito por Sofia Alvarez. Baséase na novela homónima de Sarah Dessen. Está protagonizado por Emma Pasarow, Belmont Cameli, Kate Bosworth, Laura Kariuki, Andie MacDowell e Dermot Mulroney.
Déixate levar estreouse a través de Netflix o 6 de maio de 2022, e conta con opción de subtitulado en galego, traducido por Laura Feijóo.
Personaxes
Emma Pasarow como Auden Belmont Cameli como Eli Kate Bosworth como Heidi Laura Kariuki como Maggie Andie MacDowell como Victoria Dermot Mulroney como Robert Genevieve Hannelius como Leah Samia Finnerty como Esther Paul Karmiryan como Adam Marcus Scribner como Wallace Ricardo Hurtado como Jake
Produción En abril de 2021, Deadline Hollywood anunciou que o inicio da produción dunha adaptación cinematográfica da novela de Sarah Dessen Along for the Ride logo de que Netflix acquirise os dereitos do filme. Sofia Alvarez, quen previamente adaptara dúas das novelas de Jenny Han para a plataforma, foi contratada para escribir o guión e dirixir o filme.
A fotografía principal comezou o 22 de abril de 2021 en Carolina Beach, Carolina do Norte, con localizacións en Wilmington, Kure Beach e Oak Island. A rodaxe continuou até comezos de xuño.
Estrea Déixate levar estreouse en Netflix o 6 de maio de 2022.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego